O imperialismo incapaz de frear os procesos democratizadores en América Latina recupera os métodos fascistas en Honduras.
Militares golpistas son responsables da desaparición de hondureños na década dos 80. Seguindo o mesmo método hoxe os escuadrons da morte paséanse libremente por Honduras.
O servizo de intelixencia imperialista non é alleo ao golpe de estado, EEUU ten unha base militar a 97 km de Tegucigalpa. Os militares golpistas nunca interviñeron sen consultar previamente cos militares norteamericanos. Non podemos esquecer que unha das escolas de sanguentos ditadores, golpistas e torturadores, dirixida por especialistas estadounidenses tiña a súa sede en Honduras.
No novo mapa político de América Latina, o pobo hondureño, xunto aos países pertencentes á alternativa bolivariana libran unha batalla contra o imperialismo.
O proxecto económico e social da alternativa bolivariana impúxose ao neoliberal e colonialista tratado do libre comercio que aseguraba o saqueo dos pobos por multinacionais como as petroleiras, farmacéuticas que hoxe forman parte dos elementos favorables ao golpismo. Os proxectos democratizadores ameazan con romper as cadeas que o imperialismo impuxo aos pobos desde o fai centos de anos.
O novo escenario en América Latina obriga a unha coñecida práctica imperialista: discurso ambiguo, obrigado polas circunstancias, ao mesmo tempo que interveñen directamente con asesores militares, apoiados por medios de comunicación que elaboran unha interesada interpretación da realidade.
Non podía faltar neste escenario a hipócrita actitude dos gobernos sometidos á vontade do goberno estadounidense, entre eles o español e o doutros países da UE imperialista, que cunha "prudente declaración" e "chamadas a consultas" ao corpo diplomático destinado en Honduras esperan pacientemente que os acontecementos se desenvolvan a favor do imperialismo.
O tempo utilízase para que o esquecemento se instaure nas conciencias, o costume gañe terreo e free vontades.
Denunciamos que a agresión ao pobo hondureño pode ser constituír o inicio de agresións militares contra os pobos de América Latina que iniciaron unha nova etapa de liberación, en forma de novos golpes como o recente ou ataques militares como o que, dunha ou outra forma,se prepara contra Nicaragua. Denunciamos igualmente a represión que o exército adestrado polo imperialismo está levando a cabo contra o pobo desarmado, denunciamos as detencións, torturas, asasinatos e desaparicións de activistas e dirixentes sociais.
Facemos responsable á cúpula militar, ao goberno golpista, á Igrexa católica hondureña e aos gobernos imperialistas do que poida suceder nos valentes intentos do Presidente Zelaya de entrar ao país para loitar xunto ao seu pobo, que nas rúas continúa combatendo ao fascismo golpista, por moito que os monopolios da comunicación traten de silencialo.
O Partido Comunista dos Pobos de España fai un chamamento a mobilizarse en solidariedade co pobo hondureño, a desenmascarar a complicidade do silencio, e denunciar a actitude "conciliadora" dos gobernos monicreques do imperialismo norteamericano, non pode haber conciliación algunha con militares golpistas que asasinan, reprimen e torturan aos pobos.
7 de Xullo de 2009
Comisión Antiimperialista do CC - PCPE