ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 14 de julho de 2009

Declaración conxunta de partidos comunistas e obreiros


65 Partidos Comunistas e Obreiros adheríronse á Declaración Conxunta sobre a Resolución Anticomunista da OSCE.


Declaración conxunta de partidos comunistas e obreiros

Condenamos firmemente a adopción, o 3 de xullo de 2009, nunha sesión ordinaria da Asemblea Parlamentaria da Organización para a Seguridade e Cooperación en Europa (OSCE) celebrada en Vilnius (Lituania), dunha nova resolución anticomunista titulada "A reunificación da Europa dividida", que contén unha grande distorsión da historia e nega o papel da Unión Soviética na vitoria sobre o fascismo. A resolución iguala comunismo e fascismo. Quen fan tal cousa esquecen que foi a Unión Soviética quen fixo a maior contribución a liberar Europa do fascismo. Os autores da resolución - falsificadores da historia - parecen esquecer quen entregou Checoslovaquia en 1939 en Munich, o que levou ao fin da independencia do país e á escravitude fascista dos pobos checo e eslovaco.

Quen votaron en favor da adopción desta resolución xustifican de feito, e alentan, unha "caza de bruxas" contra os comunistas en varios países da OSCE nos que os comunistas son perseguidos, as súas organizacións xuvenís prohibidas e os partidos procesados polo uso dos seus símbolos tradicionais.

É máis, a resolución ofrece grandes oportunidades para a persecución xudicial da ideoloxía comunista e a adopción de medidas contra os partidos comunistas.

Ao mesmo tempo, somos testemuñas da actual rehabilitación dos nazis nunha serie de países, incluíndo o país que albergou esta sesión da AP da OSCE.

Non podemos permitir que ninguén insulte a memoria dos antifascistas, participantes na resistencia, que perderon as súas vidas na loita contra o nazismo.

A agudización do anticomunismo en Europa non é un fenómeno transitorio. Mostra o medo da clase dirixente ante a exacerbación da crise capitalista e da urxencia da esixencia da abolición da explotación capitalista e a necesidade dun cambio social fundamental.

A clase obreira, todos os traballadores, independentemente do grao de acordo ou desacordo cos comunistas, deben rexeitar firmemente aos portadores do anticomunismo, xa que a historia demostrou que os ataques anticomunistas preceden á chegada dunha ofensiva xeneral contra os dereitos sociais e democráticos do pobo.

Respondamos aos provocadores e anticomunistas coa nosa loita conxunta polos dereitos dos traballadores, polo socialismo.

1. PADS, Algeria

2. Communist Party of Argentina

3. Communist Party of Armenia

4. Communist Party of Bangladesh

5. Communist Party of Belarus

6. Workers' Party of Belgium

7. Communist Party of Brazil

8. Communist Party of Britain

9. New Communist Party of Britain

10. Communist Party of Bulgaria

11. Party of the Bulgarian Communists

12. Communist Party of Canada

13. AKEL, Cyprus

14. Communist Party of Bohemia and Moravia

15. Communist Party in Denmark

16. Communist Party of Denmark

17. Communist Party of Finland

18. German Communist Party

19. Communist Party of Greece

20. Hungarian Communist Workers' Party

21. Communist Party of India

22. Communist Party of India [Marxist]

23. Tudeh Party of Iran

24. Communist Party of Ireland

25. The Workers' Party of Ireland

26. Party of the Italian Communists

27. Party of the Communist Refoundation

28. Jordanian Communist Party

29. Socialist Party of Latvia

30. Lebanese Communist Party

31. Socialist Party of Lithuania

32. Communist Party of Luxembourg

33. Party of the Communists of Kirgizia

34. Communist Party of Macedonia

35. AKFM, Madagascar

36. Communist Party of Malta

37. Party of the Communists, Mexico

38. Popular Socialist Party of Mexico

39. New Communist Party of the Netherlands

40. Communist Party of Norway

41. Communist Party of Pakistan

42. Peruan Communist Party

43. Philippine Communist Party -PKP 1930

44. Communist Party of Poland

45. Portuguese Communist Party

46. Romanian Communist Party

47. Communist Party of Soviet Union

48. Communist Party of the Russian Federation

49. Russian Communist Workers' Party – Revolutionary Party of Communists

50. New Communist Party of Yugoslavia

51. Party of the Communists of Serbia

52. Communist Party of Slovakia

53. South African Communist Party

54. Communist Party of the Peoples of Spain

55. Communist Party of Spain

56. Party of the Communists of Catalonia

57. Communist Party of Sri-Lanka

58. Communist Party of Sweden

59. Syrian Communist Party

60. Communist Party of Turkey

61. Communist Party of Ukraine

62. Union of Communists of Ukraine

63. Communist Party of Venezuela



Other parties that also support the joint statement:

§ Pole of Communist Renaissance in France

§ Union do Povo Galego (UPG)