ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 29 de julho de 2009

Continuamos na UE. Continúa na Galiza a fín da agricultura familiar e do pequeno e mediano produtor agrícola.



O MODELO MONOPOLISTA que nos é imposto pola Unión Europea do Capital segue a esmagar aos nosos gandeiros e gandeiras. O mercado mundializado, baseado na sobreexplotacion de man de obra barata e precaria, aniquila ao mediano e pequeno produtor, obrigando a este a aumentar tremendamente os custos de produción, producindo o seu endebedamento e botándoo así nas gadoupas dos bancos e das aseguradoras.

Reproducimos a nova do Sindicato Labrego Galego

A diferenza entre vender leite ou vender a quenes o producen

21 de Xullo do 2009

A sinatura do acordo de onte por parte das organizacións agrarias agás o SLG e a COAG, é froito dun pacto feito por riba dos intereses do sector leiteiro para desmobilizar un sector que leva meses de importantes accións reivindicativas, intensificadas nesta última semana.

Cando o MARM estaba a ser presionado contundentemente, co sector na rúa e logo de terse aprobado no mes de abril por unanimidade no Congreso dos deputados/as a resolución 173/00060, que insta ao Goberno a defender no seo da Unión Europea o impulso de normativas destinadas a “mellorar a regulación do prezo de xeito que se teñan en conta criterios coma os custes de produción”*, ponse sobor da mesa un acordo impulsado polo Ministerio no que XXAA, UUAA e a representación das cooperativas, asinaron un pacto no que o fundamental das reivindicacións labregas, un prezo mímimo para todas as explotacións, fica outra vez sen ser garantido, como xa sucedera coa sinatura dos contratos homologados, malia a ser esta a reivindicación básica do sector produtor, que ademais acordara en asemblea o pasado venres 17, levar a reivindicación de que a referencia do prezo acordado na reunión habería de ser aquel que cubrira custes de produción.

O Sindicato Labrego Galego distribuíu entre as gandeiras e gandeiros reunidos en Amio o acordo que rexeitamos firmar en Madrid*, xa que consideramos fundamental que coñezan con exactitude a inexactitude de prezo pactada onte.

O sector non entende, e son as preguntas que se fixo, indignado, ao longo da mañá de hoxe:

1, Que prezo mínimo, a raíz deste acordo, van a percibir todas as explotacións leiteiras galegas dende o 1 de agosto até o 31 de decembro?

2. Como pode poñerse nun documento unha referencia de prezo francés e non unha referencia de prezo propia, máxime cando os gandeiros e gandeiras franceses atópanse arestora tamén en mobilizacións porque non lles vale como referencia, e ademais os custos provocados para as nosas explotacións dende os gobernos, obrigándonos a mercar cota, non son comparábeis aos custos de produción de Francia?

Por outra banda, a referencia de prezo propia para o Estado español podía terse fixado simplemente con recoller os índices obxectivos de custos que o Observatorio de Prezos do MARM publica anualmente (0,34€).

É por isto que o Sindicato Labrego Galego cualifica de “pantomima desmobilizadora” o acordo asinado onte en Madrid polo resto de organizacións agrarias do País.

O Sindicato Labrego Galego, unha vez máis, vai seguir defendendo que teñamos un prezo xusto para podéremos vivir do noso traballo, e non o faremos en solitario, senón ao carón do sector leiteiro da Galiza.

Mobilizarémonos nas rúas, mais seguiremos dando a batalla tamén nos despachos, tendo en mente como obxectivo a reunión de ministros e ministras europeos que vai ter lugar o vindeiro 7 de setembro en Bruxelas, na que se vai discutir a política leiteira abordando cuestións básicas como o prezo, o control da produción e a súa reducción e redistribución.

A continuación o acordo que, por indicación do sector leiteiro reunido en asambleia en Amio o venres 17 de xullo, o SLG non firmou en Madrid. Non imos firmar ningún acordo que estableza o prezo do leite por embaixo dos custos de produción actuais especificados polo Observatorio do Sector Leiteiro no 2008 (0,34).

Carme Freire, secretaria xeral do SLG, voltou a sinalar que o papel firmado por XXAA e UUAA en Madrid non garante un prezo do que non poidan baixar as empresas á hora de mercarnos o leite.

O SLG repartíu copias do acordo entre as gandeiras e gandeiros en Amio, xa que por parte das o organizacións firmantes (UUAA e XXAA) nin sequera se prantexou transmitirlle aos principais afectados, os gandeiros e gandeiras, os termos deste acordo.



O "acordo" de Madrid é unha estratexia para desmobilizar ao sector durante un tempo. Cando cheguen as facturas en agosto, as explotacións atoparanse de novo con prezos que non cubren custos de produción.