ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 21 de julho de 2009

Atentado ecolóxico en Marín

AOS MEIOS DE COMUNICACIÓN

Resolución do expediente sancionar ao Concello de Marín polas obras no río Lameiriña

Axúntamos copia da resolución recibida onte do expediente sancionar aberto por Augas de Galicia contra o Concello de Marín por denuncia efectuada polo Colectivo Nacionalista con motivo das obras efectuadas no río Lameiriña e que afectaban á zona de servidume e á canle do río.

Na mesma recoñecese a infracción, por parte da administración local, pola realización dunhas obras incumprindo a normativa vixente ao non ter solicitado a correspondente autorización ante Augas de Galicia para a colocación de colectores de augas residuais, arquetas e cruces de formigón no río. Como xa denunciamos esta actuación do concello de Marín, e máis concretamente da concelleira de Medio Ambiente Pilar Blanco, supuxeron un atentado ecolóxico e unha aberración paisaxística, incorrendo nunha actuación ilegal.

Augas de Galicia declara ao concello responsábel dunha infracción administrativa, a pesar de que tamén declara prescrita a sanción, polo tanto non haberá que pagar multa algunha. Aínda que por unha banda parécenos ben que o concello non teña que pagar, cos cartos de todos nos, a incompetencia dos seus actos; tamén temos que denunciar que se prescribiu a sanción e se declara a caducidade do expediente é por neglixencia de Augas de Galicia que resolveu o 13 de xullo de 2009 unha denuncia do 25 de outubro de 2007.

O máis importante desta resolución é o prazo que lle da Augas de Galicia ao concello de Marín para que no prazo dun mes “repoña as cousas ao seu estado anterior”, é dicir que ten que desfacer o actuado no río Lameiriña e deixalo no seu estado natural.

Por último queremos manifestar que seguimos considerando á concelleira de Medio Ambiente un lastre para o medio ambiente, xa que cada actuación que fai supón unha nova agresión ao entorno e non lle pasar por riba de outras institucións ou dos veciños de Marín.

Marín, 23 de xullo de 2009.

Asdo.: Pedro Cortegoso Gago

Colectivo Nacionalista de Marín