ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 6 de julho de 2009

Resolución. A LOITA DO METAL CONTINÚA!




Diante de toda outra consideración, os comunistas do PCPE queremos manifestar o noso recoñecemento e admiración diante da dura batalla que ven de librar o Metal da Provincia de Pontevedra ao longo destes 23 heroicos días de folga.


Ela volve unha vez máis a colocar ao Metal no lugar histórico que lle corresponde como destacamento de vangarda da nosa Clase.


A Folga fai un alto no camiño para recuperar forzas e reemprender con maior entusiasmo e forza a unidade de acción de todos os destacamentos clasistas existentes nas diferentes estructuras sindicais.


Nestes 23 días de loita, en contraste coa impecable dignidade e altura da actuación dos traballadores e traballadoras, púxose de manifesto a prepotencia da patronal máis envalentonada que nunca nas condicións da complicidade institucional, e a actuación do mercenariado represivo, únicas respostas posibles ás xustas demandas dos traballadores no marco da Dictadura do Capital e da Unión europea imperialista que aposta pola fórmula da escravitude asalariada para garantir a reproducción ampliada do capital rebaixando o prezo da forza de traballo.

Estes 23 días lonxe de significar unha derrota obreira malia a incapacidade e falla de vontade negociadora da patronal, significaron unha importante victoria da clase traballadora na fase de acumulación de forzas e de experiencias de loita que, se somos quen de recuperar unha alternativa sindical verdadeiramente unitaria e con orientación de clase, debe ser un importante paso adiante cara ao horizonte da Folga Xeral que compre facer, e ante todo compre preparar e organizar.


Como comunistas, o noso apoio incondicional ás traballadoras e traballadores do Metal.

E como traballadores e traballadoras, o noso agradecemento por ter erguido tan alto a bandeira dos nosos dereitos, os de todos e todas, e a bandeira da dignidade proletaria.