ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sábado, 11 de outubro de 2008

RESOLUCIÓN



Entre os días 17 e 20 de decembro terá lugar en Madrid o 9º Congreso da Confederación Sindical de Comisións Obreiras. Durante moitos anos CC.OO foi o referente sindical indiscutible para millóns de traballadores e traballadoras no estado español e tamén referente único para miles de comunistas que se forxaron na loita sindical no seu seo. A inmensa maioría de cadros sindicais do PCPE participaron do desenvolvemento e fortalecemento dun sindicato cuxos principios fundacionais falaban de loita de clases e socialismo como proxecto estratéxico para a clase obreira dos pobos de España. Non poucos destes cadros participaron na fundación dos CC.OO e non poucos deles foron posteriormente marxinados, apartados e expulsados anos despois, froito do longo proceso de anticomunismo, burocratización e abandono dos principios que o alumaron impulsado por toda unha caste de dirixentes rendidos e entregados definitivamente á estratexia e intereses do capital español e a súa clase dirixente.

CC.OO pasou de ser un sindicato de clase forte e con grande capacidade movilizadora a converterse nun dos alicerces fundamentais sobre os que descansan os cimentos do estado, facendo da paz social -é dicir da conciliación de intereses coa clase dominante- a súa razón de ser.

No entanto aínda se contan por milleiros os homes e mulleres que no seo das CC.OO traballan desde a base por defender consecuentemente, ás veces en difíciles condicións, os dereitos e intereses da clase traballadora, enfrontados abertamente á estrutura dirixente burocratizada pero conscientes da necesidade de seguir pelexando baixo unhas siglas históricas ante a inexistencia ou inconsistencia de referentes sindicais alternativos nos que participar.

Entre eses homes e mulleres atópanse un bo número de cadros sindicais do PCPE que batallan, no seu traballo cotián entre a clase obreira por defender os principios de alumaron o nacemento dos CC.OO, loitando pola democratización do sindicato e por devolver ás masas traballadoras o protagonismo que lles corresponde.

No proceso do 9º Congreso Confederal alzáronse voces esixindo un cambio radical nas posicións conciliadoras e entreguistas practicadas pola burocracia dirixente representada polo seu máximo responsable, Fidalgo.

O Comité Central do PCPE saúda e apoia aos seus militantes en CC.OO quen están a dar unha lección de honradez e compromiso coa nosa Clase, á vez que tendemos a nosa man a eses compañeiros e compañeiras que traballan na mesma dirección, facendo o que estea na nosa man para provocar un profundo cambio na política do sindicato.

Da mesma maneira afirmamos que ningún cadro sindical do PCPE participará de intrigas nin tacticismos para repartirse postos, cargos ou liberacións a cambio de conseguir os nosos votos. Nada máis alleo que iso á nosa cultura militante e á nosa traxectoria no seo do movemento obreiro.

O C.C. do PCPE fai un chamamento aos seus militantes en CC.OO para intensificar o noso traballo, no que resta de proceso congresual, na liña de promover resolucións tendentes a situar claramente a este sindicato fronte ás pretensións do capital de facer pagar a crise á clase obreira, en defensa da seguridade e saúde de traballadoras e traballadores e en contra da normativa europea das 65 horas.

O C.C. do PCPE está convencido de que eses miles de militantes de base de CC.OO que defenden e practican o sindicalismo de clase e outros tantos que o fan desde outras opcións sindicais son o punto de partida e a base material do proceso de reconstrución do sindicalismo de clase que con urxencia necesitan os traballadores e traballadoras dos pobos de España.


POR UNHAS CC.OO DE CLASE, ABAIXO A BUROCRACIA SINDICAL !

FIDALGO VAITE XA !

Pola reconstrución do sindicalismo de Clase, sociopolítico, asembleario e democrático


PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA

COMITÉ CENTRAL

xornadas memoria historica

quinta-feira, 9 de outubro de 2008

MAIS HUMOR. O REI E A CRISE

O rei disporá de 9 millóns de euros en 2009, un 2,7% máis que neste exercicio A Constitución permite ao Xefe do Estado distribuílo libremente entre a súa familia

EFE - Madrid - 30/09/2008 11:45

A Casa do Rei disporá o próximo ano de 8,90 millóns de euros, o que supón un incremento do 2,7 % respecto ao exercicio actual, segundo o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado presentado hoxe no Congreso polo vicepresidente económico, Pedro Solbes.

Nas contas públicas do 2008 a Xefatura do Estado tiña 8,66 millóns de euros, un 4,5% por encima do fixado no ano 2007.

Así, a partida destinada á Casa do Rei increméntase menos que no último exercicio e pasa ao 2,7 %.

A Constitución establece que o Rei recibe dos orzamentos xerais do Estado "unha cantidade global para o sostemento da súa familia e da súa casa, e distribúe libremente a mesma".

HUMOR

INTERNACIONAL

terça-feira, 7 de outubro de 2008

furacán de solidariedade coa Revolución Cubana


a 5 de outubro, a nosa organización na Galiza concretóu, grazas ás aportacións e apoio de tod@s vós, o envío de 2028 euros como cota extraordinaria de solidariedade con Cuba, arrasado polos furacáns Gustav e Ike. Continuade canalizando as vosas axudas a través da conta aberta pola Asociación Galego Cubana Francisco Villamil. E lembremos que o xeito de apoio que máis agradece e necesitan o pobo e a revolución cubana é continuar denunciando o criminal bloqueo por parte das potencias imperialistas.

propaganda 7 outubro


reproducimos o texto da información distribuída nas concentracións convocadas hoxe, 7 de outubro

¿65 HORAS? ¡QUE TRABALLE O REI!
Algunhas Razóns para dicir NON
A semana laboral de 48 foi aprobada no 1917, despois de grandes loitas que custaron a morte de miles de
traballadores e traballadoras
1: Porque pretenden facernos retroceder un século!
2: Se hai máis Paro, non se tería que repartir o traballo? 35 HORAS AGORA!!
3:Se imos ter que tratar individualmente cos “xefes” “en privado”, estamos aviados:
A Directiva das 65 horas promociona os acordos privados traballador-empresario, atacando unha das máis
grandes conquistas dos traballadores: o dereito á representación e negociación colectiva.
4: Pensas que ao Sector público non lle vai afectar? O aumento de duración da xornada é un complemento
necesario das políticas de privatización dos servizos públicos, que van da man da precarización das
condicións laborais e a deterioración dos servizos.
5:Coa directiva das 65 horas a conciliación da vida laboral e familiar será imposible. Só imos ir á casa
durmir?!.Con consecuencias especialmente graves para a muller traballadora.
6:A Directiva non é algo lonxano. Se se aproba o seu efecto será inmediato. Os empresarios poderán
subcontratar persoal de países onde se aplique e o que é máis grave, ameazarannos con deslocalizar as
empresas. Tamén haberá empresarios que poderán aplicala en España con axuda do Tribunal Europeo.
7. Porque pinta de negro o futuro da mocidade: A pretensión do capitalismo europeo é -se non o
impedimos- ben clara: comezar polos países e sectores máis desprotexidos (como os precarios e precarias e as
persoas inmigrantes) para acabar, ao cabo dun
tempo, xeneralizando a prolongación de xornada ás novas xeracións
A Directiva non é algo illado. É unha peza fundamental da ofensiva da Europa do capital. Vén da man da
Directiva de retorno contra millóns de inmigrantes (a quen presenta como
culpables do desemprego), do plan Bolonia de privatización da universidade, da Directiva Bolkestein para
liberalizar e privatizar os servizos públicos ou da permanente presión para alargar a idade de xubilación e
recortar e privatizar as pensións públicas.
A Unión Europea mostrou o seu carácter de instrumento do capitalismo europeo e o destino que este nos
depara. Neste sistema, os adiantos tecnolóxicos non serven para mellorar a vida da poboación senón para
devolvernos ao peor pasado de explotación. Este sistema, para sobrevivir, necesita cargar sobre as nosas costas
as calamidades da crise que eles mesmos provocan, despois de enriquecerse á nosa costa.
• XOGAMONOS MOITO, FAI FALTA UNHA FOLGA XERAL EUROPEA DE 24 H..
Podemos parar esta ofensiva do Capital!
A xornada do 7 de outubro só ten sentido como preparación dunha folga
xeral de 24 horas antes de que o Parlamento europeo vote a Directiva
NON á EUROPA DO CAPITAL!
A CRISE CAPITALISTA, QUE A PAGUEN OS RICOS
comunistasdagaliza@gmail.com http://comunistasdagzpcpe.blogspot.com/


A directiva da Unión Europea para deportar masivamente aos migrantes
É ILEGAL, pois viola o Dereito Internacional, que está porriba de calquera norma ou directiva rexional. Porque viola a
Convención sobre Dereitos do Neno.
É CRIMINAL, pois confina e aílla a inmigrantes pobres e a rapaces en inhumanos Guantánamos ou campos de
concentración durante 18 meses. Mesmo prohíbe entradas legais de migrantes no territorio UE por espacio de 5 anos.
É INMORAL E CÍNICA, porque criminaliza ás mulleres e homes que fuxen desesperad@s dos países empobrecidos,
saqueados ou bombardeados polo imperialismo europeo e ianqui.
Traballador@ inmigrante, defende os teus dereitos. Organízate e loita.
Traballador@ galeg@, non te confundas de enimigo: fumos e somos un povo de emigrantes. Ellas e eles non nos rouban
o traballo. Son os capitalistas quen os usan para roubarlles e roubarnos, e saciar a sua cobiza de máximos beneficios a
costa da necesidade e a penuria de tod@s, @s de dentro e @s de fora.
NATIVA OU ESTRANXEIRA, A MESMA CLASE OBREIRA
NON Á DIRECTIVA DA VERGOÑA.
La directive de l'Union Européenne pour la déportation massive d'immigrants est:
ILLEGALE, car elle viole le Droit International qui est supérieur à n'importe quelle normative ou directive régionale. ILLEGALE
car elle viole la Convention Internationale des Droits de l'Enfance.
CRIMINELLE, car elle confine et isole des immigrants pauvres et des enfants dans d'inhumains guantanamos ou des camps de
concentration pendant 18 mois. Elle interdit même leur retour légal sur le territoire de l'U.E. pour espace de 5 ans.
IMMORALE et CINIQUE car elle criminalise des femmes et des hommes que le désespoir emmène à fuir des pays appauvris, pillés
ou bombardés par l'impérialisme européen ou yankee.
Travailleur immigré, défend tes droits! Organise-toi et lutte
Travailleur galicien, ne te trompe pas d'ennemi: nous fûmes et sommes un peuple d'émigrants. Les immigrants ne nous volent pas
notre travail. Ce sont les employeurs qui usent les immigrés afin de les exploiter et nous exploiter nous-même, afin de satisfaire leur
soif de bénéfices toujours plus grands sur notre dos, tirant profit des besoins et pénuries de tous les travailleurs, qu'ils soient d'ici ou
d'ailleurs.
NATIVE OU ETRANGERE, NOUS SOMMES LA MEME CLASSE OUVRIERE!!!
NON A LA DIRECTIVE DE LA HONTE!!!
The EU directive for the inmigrants massive deportation, is:
An ILLEGAL one, for it violates the International Law which is top to any regional regulation.
An ILLEGAL one, for it violates the Convention on Child's Rights.
CRIMINAL, for it lays down an 18month detention of poor immigrants and children in guantanamos or concentration
camps, and even bans their legal re-entry to european territory for 5 years.
IMMORAL AND CYNICAL, for it criminalizes the women and men who runs out from the impoverished, plundered
or shelled by the european and yankee imperialism countries.
Inmigrated worker, defends your rights, associate and mobilize you!
Galician worker, inmigrant one is not your ennemy. We were and we are an emigrant people . The immigrants do not
steal our work from us. They are the capitalists businessmen who use the immigrated ones in order to exploit them and
to exploit us, in order to increase the profits of the big capital;who extracts profit from all the workers's needs and
desperation.
NATIVE OR FOREIGN, WE ARE THE SAME WORKING CLASS!!!
NOT TO THE SHAMEFUL directive!!!!
Comunistasdagaliza
@gmail.com

DA OLIVEIRA DE TEO



XORNADAS IRMÁNS SUÁREZ PICALLO

DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DIANTE DAS 65 HORAS

Mobilización mundial "Por un Traballo Decente" 7 de Outubro 2008 PDF Imprimir Correo-e


Comunicado da Marcha Mundial das Mulleres ante a directiva europea das 65 horas e a xornada de mobilización mundial "Por un Traballo Decente" do 7 de outubro.-

A directiva europea que vai ser posta a votación no parlamento europeo, conforme vai poder ampliarse a xornada laboral até as 65 horas semanais, está sendo contestada desde distintos sectores sociais, e as condicións laborais de precariedade, falta de dereitos sindicais, siniestralidade... que se dan nos cinco continentes, motivan a mobilización que o próximo 7 de Outubro, unha parte do movemento sindical mundial, ten convocada baixo o lema "Por un traballo decente". Esta directiva europea, non supón mais que engadir un pouco de pementa a un preparado que pretende purgar todos os avances conseguidos ao longo do século XX polos movementos socias, moitos deles da man do feminismo. Ao berro de que ven o coco!!!, utilizando a chantaxe, a intimidación e o medo, a minoría capitalista que amasou e amasa grandes beneficios coa especulación financeira, pretende agora que paguemos os seus pratos rotos e amañemos, baleirando as arcas públicas, as pingueiras e desperfeitos dos seus corruptos negocios. Nesta situación de alarma social, ao redor da crise financeira, como se de unha catástrofe natural de enormes e incontrolábeis consecuencias se tratase, lánzanse salvavidas coa etiqueta de abaratamento do despido, aumento da xornada laboral, aumento da idade de xubilación... e outras receitas que se venhem aplicando en maior ou menor medida nos últimos tempos, receitas que para as mulleres son vellas coñecidas, pois van parellas ao aumento da economía somerxida e a precariedade, onde temos unha representación maioritaria, e o recorte de servizos sociais. A ameaza do "Lado Escuro" onde se situan o patriarcado e o capitalismo, non só non desaparece senón que mostra un repunte virulento.

Non hai outra saída? É necesario que a actividade financeira ocupe unha parte tan importante da actividade económica? Podería existir unha economía onde a actividade de mercar e vender activos financeiros se puidera regular por unhas normas estritas que non permitisen a especulación?

Desde a Marcha Mundial das Mulleres pensamos que si. Que é hora de democratizar a economía. Que é hora de que a economía estea ao servizo da sociedade. Que é hora de pór límites á riqueza, porque xa é tempo de eliminar a pobreza. Porque somos conscientes que a perda de dereitos laborais, a acumulación de beneficios en poucas mans, o recorte do gasto público en saúde, educación, vivenda, preservación da terra e da auga, supón pór freo á igualdade, e camiñar de fronte para o deterioro ambiental e social. Non podemos entregar a nosa vida ao control do mercado. Para o capitalismo, son imprescindíbeis a produción e o consumo sen límites. Para as persoas son imprescindíbeis os coidados, a terra, o ar e a auga. Busquemos, esixamos e apliquemos fórmulas políticas que invistan e afortalen o sector público, redes asistenciais e servizos que axuden a conciliar a vida laboral e familiar. Construamos modelos económicos e sociais (educacionais, espirituais, afectivos, sexuais, políticos...) inspirados nos valores da democracia e da igualdade, non nos da cobiza e a opresión. A Marcha Mundial das Mulleres valora que o planeta está nunha encrucillada onde só se poden seguir dúas direccións, a do cambio económico e social que permita acabar coa pobreza e compartir o traballo (o laboral e o doméstico), que sustenta a existencia da Humanidade, ou o camiño da acumulación das riquezas por parte dunha minoría, coa perpetuación da discriminación das mulleres, onde a violencia e a pobreza coexisten co gasto sen medida, a ostentación e a depredación do planeta.

Acudamos ás mobilizacións convocadas nas cidades galegas por un Traballo Decente, contra a directiva europea das 65 horas!


--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 658432609/652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info

quinta-feira, 2 de outubro de 2008

65 hs. CIG CONVOCA MOBILIZACIÓNS EN TODO O PAÍS








A algúns gústalles a directiva! Sabes quen son?


Emilio Botín: Amo do Banco Santander. 432 máis rico do mundo 2200 millóns de $ de patrimonio
Rafael do Piñeiro Jr: Amo de Ferrovial. 79 máis rico do mundo 8600 millóns de $ de patrimonio
Amancio Ortega: Amo de Inditex 8 máis rico do mundo 24.000 millóns de de $ patrimonio


A outros tamén lles gusta. Quen son e canto gañan?

Nicolas Sarkozy:Presidente de Francia . 240.00 ao ano. (ven de subirse un 140%)
Cesar Alierta: Presidente de Telefónica.3 millóns de euros ao ano
Francisco González: Presidente do BBVA. 20 millóns de euros ao ano


Agora hai Crise?

Onde está a PASTA?

Quérennos facer pagar a CRISE!




Que a crise a paguen os ricos!

CAMPAÑA UNITARIA CONTRA AS 65h.

Pola retirada da directiva do retorno!

NON ás 65 horas semanais



Algunhas Razóns para dicir NON as 65 horas!!!

A semana laboral de 48 foi aprobada no 1917, despois de grandes loitas que custaron a morte de miles de traballadores e traballadoras

1: Porque pretenden facernos retroceder un século!



2: Se hai máis Paro, non se tería que repartir o traballo? 35 HORAS AGORA!!


3:Se hei de tratar individualmente cos “xefes” “en privado” vou de cú!

A Directiva das 65 horas promociona os acordos privados traballador-empresario, atacando unha das máis grandes conquistas dos traballadores: o dereito á representación e negociación colectiva.


4: Pensas que ao Sector público non lle vai afectar?

    O aumento de duración da xornada é un complemento necesario das políticas de privatización dos servizos públicos, que van da man da precarización das condicións laborais e a deterioración dos servizos.



    5:Coa directiva das 65 horas a conciliación da vida laboral e familiar será imposible. Só imos ir á casa durmir?!.



    6:A Directiva non é algo lonxano. Se se aproba o seu efecto será inmediato. Os empresarios poderán subcontratar persoal de países onde se aplique e o que é máis grave, ameazarannos con deslocalizar as empresas. Tamén haberá empresarios que poderán aplicala en España con axuda do Tribunal Europeo.

    Que pensas? Que a ti non che vai tocar?








    Podemos parar esta ofensiva do Capital!

    Infórmate!

    Sae á rúa!

    eles xa decidiron por nós

    acudide ás mobilizacións convocadas pola CIG para o 7 de outubro:

    A MARIÑA: ás 11.00, no concello de Cervo

    A CORUÑA: ás 12.00, diante da subdelegación do goberno

    FERROL: ás 12.00, diante da Xunta de Galiza na Praza de España

    LUGO: ás 12.30, diante da subdelagación do goberno

    OURENSE: ás 11.30, diante do edificio sindical

    PONTEVEDRA: ás 12.30, diante da subdelegación do goberno

    SANTIAGO: ás 12.30, na praza de Galiza

    VIGO: ás 12.00, diante do Pavillón do Berbés

CONTA SOLIDARIA CON CUBA

DA ASOCIACIÓN DE AMIZADE GALEGO-CUBANA FRANCISCO VILLAMIL
Conta solidaria para paliar os efectos dos furacáns

A Asociación de Amizade Galego-Cubana "Francisco Villamil", ven de habilitar unha conta de solidariedade para recibir as aportacións voluntarias de as persoas que queiran colaborar coa reconstrucción das areas afectadas polos recentes furacáns que asolaron Cuba.
O Goberno da illa asistiu en tempo con recursos materiais das súas reservas aos territorios máis castigados polos furacán. Xunto destas asistencias materiais, manifestouse un exercicio da solidariedade popular que é unha das primeiras divisas da formación en Cuba dende os comezos da Revolución.
Ao tempo, gobernos, organismos e institucións de todo o mundo estableceron contacto para o envío de axuda urxente.
Dende Galiza, a "Francisco Villamil" invita a colaboración nos traballos de recuperación en forma de aportacións a unha conta na que a propia Asociación fixo un ingreso de 5.000 €, procedentes do traballo solidario da institución.
A conta esta residenciada en Caixa Galicia e ten o número 2091 0374 37 3040006520
No rubro CONCEPTO debe especificarse: POR CUBA
Para máis información sobre a iniciativa pódese escribir ao correo da Asociación galegocubana@gmail.com

quarta-feira, 1 de outubro de 2008

“O CRACK DE WALL STREET”



“O CRACK DE WALL STREET”, OU
“O MAIOR ROUBO DA HISTORIA”, OU
“¿Daquela os pobres van pagar os pratos rotos dos ricos?”

(MUSICA DE MISTERIO)

SHERLOCK Ola. Son o famoso detective Sherlock Holmes.

WATSON E eu son Watson, sempre á orde de Sherlock para resolver os misterios máis misteriosos.

SHERLOCK Pois hoxe temos que investigar... sabes onde, Watson? Nada menos que en Wall Street.

WATSON Wall Street é o corazón do imperio económico norteamericano.

SHERLOCK Pois ese corazón sufriu un infarto, Watson. Unha crise, un derrube, un crack.

WATSON Explícame, Sherlock, porque a miña cabeza non dá para tanto

SHERLOCK É relativamente simple, Watson. Xa o ouviches nos noticieiros. Bancos xigantes, os maiores bancos de investimento, declaráronse en quebra.

WATSON Pero, por que, que pasou, Sherlock?

SHERLOCK Aténdeme ben, Watson. O famoso economista Keynes dicía que se unha persoa debe mil dólares a un banco e non pode pagar, esa persoa está en problemas. Pero se lle debe un millón e non pode pagar? o que está en problemas é o banco!

WATSON Explícate mellor, Sherlock.

SHERLOCK Que fixeron estes bancos avariciosos? Prestar cartos, prestar cartos, prestar cartos. Aos pobres, aos migrantes prestábanlles prata para que se fixesen unha casiña. A casa quedaba hipotecada, naturalmente. Se non pagaban as cotas, quitábanlla.

WATSON E que pasou, entón?

SHERLOCK Pasaron moitas cousas. Eses bancos usureiros cambiaban a taxa de interese. Ao comezo, por exemplo, esixían o 10% e aos dous anos subíanlles ao 25%.

WATSON Unha barbaridade

SHERLOCK Estrangulaban aos debedores. E ameazábanlles: se non pagas, quítoche a casa.

WATSON E con seguridade, quitaríanlla.

SHERLOCK Si, pero o problema é que os bancos prestaron tanto, que agora non saben que facer. A xente non ten como lles pagar. E eles tampouco resolven nada quedándose coas casas. Que fai un banco cunha chea de casas que, ademais, ninguén pode comprar?

WATSON Entón?

SHERLOCK Entón, eses bancos quedaron sen diñeiro porque prestaron todo irresponsablemente e agora ninguén lles paga.

WATSON E que van facer?

SHERLOCK Grande pregunta, Watson. Que van facer? Porque a burbulla rebentou...

(SON DUN GLOBO REBENTANDO)

SHERLOCK Como un globo que se pica, así rebentaron eses bancos. quedaron sen diñeiro para seguir prestando.

WATSON Ben, imaxino que xa se lle ocorreu algo ao intelixentísimo presidente Bush para resolver esta crise?

SHERLOCK O intelixentísimo Bush dixo: Hai que salvar aos bancos, pobriños, aos banqueiros, coitadiños. Collamos 700 mil millóns de dólares da Reserva Federal para salvalos.

WATSON Canto dixeches, Sherlock?

SHERLOCK 700 mil millóns de dólares.

WATSON E de onde sae esa millonada de pasta?

SHERLOCK Dos contribuíntes.

WATSON Como que dos contribuíntes?

SHERLOCK Do peto dos contribuíntes norteamericanos, do pobo norteamericano.

WATSON Non pode ser... Se che entendo ben, o goberno gringo vai tomar os cartos da xente do montón para salvar aos banqueiros ricos? Iso é o que me estás dicindo?

SHERLOCK Exactamente, meu querido Watson.

WATSON Ou sexa, que os cidadáns e as cidadás van pagar os pratos rotos da festa dos ricos usureiros?

SHERLOCK Ti o dixeches, Watson.

WATSON E a xente acepta iso?

SHERLOCK A xente está indignada, facendo manifestacións.

WATSON Pero, se eu entendo ben, o que está a planear Bush e o seu goberno é... é un roubo.

SHERLOCK Elemental, meu querido Watson. 700 mil millóns de dólares. O maior roubo da historia dos Estados Unidos.



terça-feira, 30 de setembro de 2008

VII encontro internacional.MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES




A
Marcha Mundial das Mulleres convídate ao seu VII Encontro Internacional do 14 ao 21 de Outubro en Vigo.

Adxuntamos cartaz novo e folleto informativo coa programación dos actos públicos do 18 ao 19 de Outubro.

Un saúdo!

--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha Mundial das Mulleres
Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013
Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 671695968/637817745
Coord. Ferrol: 658432609/652201003
Coord. Pontevedra: 669794462
Coord. Vigo: 657825556/667531529
http://www.feminismo.info


memoria antifascista



O diario dixital "Rebelión" publica hoxe o texto da homenaxe a Baena: http://www.rebelion.org/noticia.php?id=73509

Tamén está publicado na nosa páxina www.asemblearepublicana.org


Lembranza dos 6 da Ponte do Regueiro

A Asociación "Comisión pola memoria Siñor Afranio" da Estrada e a Comisión pola Memoria de Vila
garcía, convocan un acto de lembranza dos feitos producidos o 9 de outubro de 1936, cando foron "paseados" 6 cidadáns provenientes de Concellos da contorna e o enterro dos seus cadáveres nunha foxa común no cemiterio local.

Estas persoas son Severino García Teijeiro, José Domingo González Boullosa, Juán Bacariza Sánchez, Ramón Muíños Lorenzo, Manuel Guillán Abalo e Jesús Froiz Gómez.

O pobo da Estrada, e nomeadamente persoas de releve como o crego Nicolás Mato Varela (quen impediu que foran enterrados no monte) e o xuíz Fermín Bouza Brey (quen esixiu explicacións e responsabilidades á Garda Civil), amosaron un comportamento exemplar fronte este crime e aínda que as vítimas non son deste concello, é un feito histórico que compre lembrar para honra da dignidade dun municipio coma este que manifestou a súa solidariedade e apoio aos represaliados nun momento de especial perigo para calquera que así expresase estes sentimentos humanitarios.

Os actos a celebrar o día 9 de outubro serán a sinalización do lugar onde foron inmolados os 6 na Ponte do Regueiro, ás 19:30 h.. O descubrimento dunha lápida na foxa común onde están enterrados no Cemiterio da Estrada ás 20:00 h. E un acto público no Teatro Principal no que intervirán familiares das vítimas (Leonor Guillan de Barrio y Rosalia Gonzalez Genova) e o profesor Manuel Igrexas, quen recuperou a historia destes feitos.


Para máis información:
http://www.blogoteca.com/autoestrada/


segunda-feira, 29 de setembro de 2008

FOLGA XERAL CONTRA AS 65 HS


Pola retirada inmediata da directiva europea de xornada laboral de 65 horas semanais

¡Todos/as á concentración do 7 de outubro!

Por unha folga xeral de 24 horas

O pasado mes de xuño de 2008 os Ministros de Traballo dos países membros da Unión Europea acordaron unha proposta de modificación da Directiva 2003/88 sobre ?ordenación do tempo de traballo?. Comezou un proceso que debe concluír cara ao próximo mes de decembro coa decisión respecto diso do Parlamento europeo

A directiva autoriza a incrementar a xornada semanal até as 60-65 horas, de tal forma que aínda que os convenios colectivos establezan unha xornada inferior sería legal mediante o ?pacto individual entre traballador e empresario?. A directiva establece que ?o período inactivo do tempo de atención continuada non se considerará tempo de traballo?, o que implica que traballadores/as de sectores como o da sanidade, os bombeiros, etc.. verán desaparecer as gardas como tempo de traballo efectivo.

quérennos facer retroceder máis dun século


En 1917 a OIT oficializóu a xornada máxima de 48 horas, despois dunha longa loita do movemento obreiro internacional polas 8 horas. Agora, quérennos facer retroceder máis dun século, póndonos de novo en xornadas ?legais? de 10 a 12 horas e seis días por semana.

Os mesmos que nos queren alongar o tempo de traballo, son os que queren que nos xubilemos aos 70 anos, acabar coas conquistas sociais e privatizar os servizos públicos ou decretan leis xenófobas contra os traballadores/as inmigrantes como a chamada Directiva da vergoña. A Unión Europea deixa así en evidencia o seu carácter de instrumento do capitalismo europeo e o destino que nos depara aos traballadores e aos sectores populares. A alguén lle estrana que os irlandeses digan Non ao Tratado de Lisboa, como antes franceses e holandeses á proposta de Constitución neoliberal e antisocial? Baixo o capitalismo, os ?adiantos tecnolóxicos?, no canto de levarnos ao progreso social, devólvennos ao peor pasado de explotación.

Denunciamos que hoxe cando a
crise económica esta botando a miles de traballadores/as ao paro no canto de reducir a xornada e traballar menos para traballar todos/as pretenden prolongar a xornada de traballo o que significará máis desemprego.

Mentres leva a cabo unha ofensiva de
privatización dos servizos públicos como a sanidade, a educación e os servizos sociais, a prolongación de xornada serve aos beneficios empresariais que reducirán, como xa están a facer, persoal nos hospitais en detrimento dos traballadores/as e dos\/as usuarios da sanidade pública.



Hoxe cando a carestía da vida devora os salarios, a directiva das 65 hs supón unha baixada xeral do salario, pois o aumento de xornada non leva aparellado aumento salarial algún. Desa forma as horas extraordinarias ou os pluses por festivos pasan a ser horas ordinarias coa consecuente baixada de ingresos salariais.

A prolongación da xornada até as 65 horas, o aumento inevitable de fatíga é unha clara aposta por incrementar a
sinistralidade laboral.

Denunciamos o papel dos gobernos europeos, que actúan como dóciles instrumentos do capital na ofensiva contra os dereitos dos traballadores. Entre os promotores da Directiva das 65 horas están, xunto á dereita europea, partidos como o laborista británico ou a socialdemocracia alemá. O Goberno de Zapatero, que di que non lle gusta a Directiva, nin sequera votou en contra na reunión de ministros europeos.



xogámonos moito. por unha folga xeral de 24 horas

Coa Directiva do tempo de traballo, xogámonos un retroceso histórico, hipotecando o futuro das novas xeracións de traballadores/as. Unha agresión desta envergadura esixe unha contundente resposta xeral en toda Europa.

A proposta da CES (Confederación Europea de Sindicatos, da que forman parte CCOO e UXT), é de xeito evidente insuficiente e está moi lonxe do que se necesita. Unha agresión desta envergadura non se pode parar facendo presión diplomática a eurodiputados e gobernos e limitando a mobilización dos traballadores europeos a unha protesta testemuñal o día 7 de outubro, no caso de Madrid nin sequera convocaron unha manifestación.

Chamamos aos comités de empresa, seccións sindicais, colectivos e organizacións a desenvolver un proceso de mobilización a todos os niveis e a esixir á CES que, atendendo ao que debe ser a súa obrigación, converta os paros entre 5 e 15 minutos do día 7 de Outubro nunha verdadeira xornada de loita que prepare unha
FOLGA XERAL EUROPEA DE 24 HORAS, con grandes manifestacións, para esixir o día que a directiva sexa debatida no Parlamento europeo, en nome da clase traballadora do continente, a inmediata retirada da modificación da Directiva.

Esiximos aos europarlamentarios o rexeitamento directo da Directiva e ao Goberno Zapatero que, se de verdade se opon á Directiva, o exprese con toda claridade e faga un chamamento europeo urxente ao seu repudio.

O próximo día 7 de Outubro hai convocada concentración. Os colectivos abaixo asinantes chamamos a todos os traballadores/as a
vir connosco/as á concentración, a dicir non ás 65 horas semanais e a esixir a CCOO e UXT a convocatoria da folga xeral de 24 horas para botar abaixo esta infame directiva.





Ven connosco á concentración

7 de outubro ás 18,30 hs

Praza Maior (entrada polo arco da Praza Santa Cruz)














Primeiros asinantes

Para adherir enviar correo a:

cobasmadrid@gmail.com

csm@nodo50.org

Coordinadora Sindical de Madrid (CSM); Plataforma Sindical da EMT; Alternativa Sindical de Traballadores de Telefónica (AST); Plataforma de ETASA; Comisión de Traballadores Asemblearios de Iberia (CTA); Sindicato Asembleario de Traballadores-Nova Plataforma da Casa da moeda (SAT-NP); Colectivo Obreiro Popular de ROCA (COP); Plataforma Sindical Independente (Blas& Cía S.A.); Sindicato Unitario (SU); Sindicato Unificado Independente de Traballadores de Hotel Melia; Sindicato de Comisións de Base (Co.bas); Sindicato Asembleario da Sanidade (SAS);TACEE (Sindicato de Traballadores de medios audiovisuais); Asociación de Traballadores Inmigrantes en España (ATRAIE); Sindicato Ferroviario-Intersindical (SF);STEM (Madrid); Movemento Asembleario de Traballadores de Sanidade (MATS); Comité de Empresa de UPS (Vallecas); Comité de Empresa de Controlex España S.L.; Comité de Empresa de SUFI-Sacyr; Unión de Mocidades Comunistas de España (UJCE); Corrente Vermella; Espazo Alternativo; PRT-Esquerda revolucionaria (PRT-IR); Colectivo 1984 (Aravaca- Pozuelo); Iniciativa Comunista; Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE); Confederación Sindical Solidariedade Obreira (SO); Asemblea contra a globalización capitalista e a guerra (AKGCG); Repercusión; Sindicato de Sanidade de Madrid de CXT; CAUM
.../

.../…



Protestas no corazón da besta


New York (Wall Street): Protestas contra regalar o diñeiro dos cidadáns
aos capitalistas americanos
Centenares de persoas protestaron no corazón da besta en Wall Street
contra a proposta de Bush de regalar 700 mil millóns de dolares aos
capitalistas americanos para salvar os seus negocios

www.kaosenlared.net/noticia/new-york-wall-street-protestas-contra-regalar-di
nero-ciudadanos-capita

sí ao Ecuador

ECUADOR-CONSTITUCIÓN
Correa celebra a "vitoria esmagadora" do Si á Constitución


O presidente de Ecuador, Rafael Correa, asegurou que foi contundente a aprobación popular á Constitución. "Ecuador decidiu un novo país, as estruturas vellas foron derrotadas", asegurou o mandatario.


NOTA CON AUDIOS




"Cumprimos o mandato que nos deron o 26 de novembro de 2006, e agora sentemos as bases para un novo país", expresou Correa desde Guayaquil, onde espera os resultados oficiais.

Correa pronunciouse logo de coñecer que os resultados a boca de urna indicaban unha vitoria do Si cun 67 por cento dos votos.

A enquisadora Santiago Pérez recoñeceu como gañadora á opción do Si cun 67,6 por cento, fronte a un 23,8 por cento do Non.

Pola súa banda, a enquisadora CE Datos asegurou que a opción do Si obtivo un 69 por cento dos votos, contra un 26 por cento que preferiu a opción polo Non.

O propio sinal televisivo Ecuavisa recoñeceu que o referendo entregou un apoio á nova Constitución.


ao
28/09/2008





Audios dispoñibles:

Rafael Correa, presidente de Ecuador. (victoria del Sí)
4 min. 29 seg. (4,10 Mb.)

Haga click aquí para acceder a más notas de esta Cobertura




Manifestacións en Italia para defender aos migrantes



Manifestacións en Italia para defender aos migrantes

O Gabinete italiano aprobou o martes unha serie de medidas que dificultan a obtención do status de refuxiados e o dereito a permanecer en Italia a quen buscan asilo. Tamén endureceu as regras para os familiares de migrantes que buscan unirse aos seus parentes que xa están no país. As medidas son parte dunha iniciativa do Goberno de centro dereita contra os e as migrantes sen papeis. O Goberno italiano de forma repetida fai declaracións que vincula directamente aos migrantes coa delincuencia. Grupos de dereitos humanos e asociacións civís expresaron a súa preocupación de que o paquete de seguridade poida incentivar o racismo e a xenofobia.

As medidas coinciden coas mortes, nos últimos días, de varios migrantes en Nápoles a man da mafia e o asasinato dun mozo africano en Milán. Varias manifestacións producíronse en Italia para protestar pola persecución cara ás persoas migrantes neste país.

sexta-feira, 26 de setembro de 2008

65 horas? que traballe o rei



¿65 HORAS? ¡QUE TRABALLE O REI!

7 de outubro: Xornada Europea

Contra a normativa das 65 horas semanais de traballo

A Unión Europea pretende aplicar unha nova normativa aprobada polo Consello de ministros de Traballo da unión, pola cal se podería ampliar o tope da xornada laboral ata as 65 horas.

Esta manobra supon un ataque brutal sin precedentes contra os dereitos individuais e colectivos do conxunto dos traballadores e traballadoras dos países da U.E. E un paso máis face á imposición dun novo modelo de escravitude asalariada. Os gobernos da UE vendennos unha imaxe idílica do proceso de “construcción europea”, mentres aproban mudanzas lexislativas que nos conducen a unha situación na que todo o noso tempo estará á disposición dos intereses dos capitalistas.

O goberno español, nunha atitude condescendente cos intereses do capital europeo non votou en contra da proposta senon que se abstivo, deixando así a porta aberta á súa aplicación dentro das fronteiras do estado español, de aprobarse definitivamente polo parlamento europeo. Por unha banda fálannos de conciliación da vida familiar, e por outra auméntannos o tempo de traballo: non cabe maior cinismo.

O argumento de que a normativa se aplicaría conforme a unha negociación individual entre o traballador e o empresario para a distribución do aumento de xornada agacha tamén a trampa envelenada da individualización das relacions laborais, que é o paso previo imprescindible para arrebatarnos definitivamente todos e cada un dos dereitos colectivos acadados durante décadas de loita e sacrificios da clase obreira internacional.

Ademáis de roubarnos o pouco tempo de descanso que nos quedala normativa incidirá negativamente na sinistralidade laboral, pois si xa resulta esgotador traballar aos ritmos de producción actuais durante 8 horas, ¿cómo acabaremos a nosa xornada despois de traballar durante 10, ou sin dispor de dous días de descanso completos?

Desde o PCPE denunciamos máis unha vez más o carácter imperialista da U.E e do recentemente aprobado tratado de Lisboa ao tiempo que facemos un chamamento aos sindicatos europeos a rexeitar o proxecto da U.E por ser antagónico cos intereses da clase traballadora europea. Defendemos unha Europa dos traballadores e dos Pobos no camiño dun futuro socialista.

O PCPE chama aos traballadores e traballadoras a oporse enérxicamente a esta medida esixindo ao goberno español o seu contundente rexeitamento. Chamamos a todos e todas a unirse ás accions de loita contra este novo ataque aos dereitos e intereses da clase obreira europea que terán lugar o 7 de octubre en toda a U.E e no estado español.

PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA

Comité Central

www.pcpe.es


sindicais



CONTRA A REPRESION SINDICAL NA TELEFONICA

NOTA DE PRENSA 4

CONTINÚA A LOITA NA TELEFÓNICA POLA RETIRADA DOS DESPIDOS E AS SANCIÓNS.ONTE XOVES 25 DE SETEMBRO REALIZOUSE UNHA MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS AST (ALTERNATIVA SINDICAL DE TRABALLADORES), CXT (CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO) E Cobas (COMISIÓNS DE BASE). Tamén está convocada unha hora de paro todos os xoves do mes de setembro para todos os turnos de traballo e en todo o estado.

O PCPE chamóu a participar e solidarizar cos compañeiros de Telefónica .






CIG INFORMA (De Avantar)

No mes de marzo deste ano comezaba a negociación do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia de Ourense, que afecta a máis de 2.000 traballadoras e traballadores. Despois de sete reunións, a última a principios de xuño, non se chegou a ningún acordo nin houbo avanzos significativos. Ante esta situación as traballadoras e traballadores deste sector decidiron convocar folga indefinida no sector desde o 1 de outubro.

Case un cento de delegados e delegadas da Federación de Banca participaron nunha nova concentración contra o proceso de reconversión do BBVA, desta volta na cidade de Ourense. No que vai de ano o cadro de persoal do BBVA reduciuse en 1.200 persoas, estando previsto que, ao final do proceso, se destrúan 8.000 empregos a nivel estatal, dos que 400 serán en Galiza.

O laudo arbitral ditado polo AGA, dependente do Consello Galego de Relacións Laborais, vén de darlle a razón á CIG ao recoñecer o dereito das 10 traballadoras e o traballador despedidos de Galicia Dixital a ser subrogados. Unha posibilidade que negaban tanto a empresa que gañou a concesión como Presidencia, de quen depende a exposición, a través da Secretaría Xeral de Comunicación, e que implica que os traballadores/as poden manter o mesmo posto de traballo aínda que cambie a empresa concesionaria.

Xornada “Emprego doméstico: analise e debate”. Terá lugar o sábado 27 de setembro. Organizada polo Departamento de Migración da CIG, conta coa colaboración da asociación de empregadas do fogar Xiara. Participarán importantes e destacadas investigadoras e analistas da situación das traballadoras no emprego doméstico, asi como terán voz as propias traballadoras deste sector. Trátase dun sector moi precarizado: os contratos na maioría son de palabra, hai cambios de horario en calquera momento, no caso das internas moitas veces se lles desconta por aloxamento e manutención até o 45% do seu salario, non se recoñecen as horas extras, non se recoñecen os accidentes laborais, non teñen dereito ao desemprego, non cobran as baixas até o dia 29, non poden darse de alta na seguridade social a menos que traballen máis de 18 horas semanais.

Plus de altos cargos: a Xunta de Galiza ten que destinar nos seus orzamentos miles de euros para pagar os 15.000 euros anuais extra sobre o salario. Plus que supera, po si só, o salario bruto anual de moitos traballadores/as das contratas da administración.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------