ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sábado, 11 de outubro de 2008

RESOLUCIÓN



Entre os días 17 e 20 de decembro terá lugar en Madrid o 9º Congreso da Confederación Sindical de Comisións Obreiras. Durante moitos anos CC.OO foi o referente sindical indiscutible para millóns de traballadores e traballadoras no estado español e tamén referente único para miles de comunistas que se forxaron na loita sindical no seu seo. A inmensa maioría de cadros sindicais do PCPE participaron do desenvolvemento e fortalecemento dun sindicato cuxos principios fundacionais falaban de loita de clases e socialismo como proxecto estratéxico para a clase obreira dos pobos de España. Non poucos destes cadros participaron na fundación dos CC.OO e non poucos deles foron posteriormente marxinados, apartados e expulsados anos despois, froito do longo proceso de anticomunismo, burocratización e abandono dos principios que o alumaron impulsado por toda unha caste de dirixentes rendidos e entregados definitivamente á estratexia e intereses do capital español e a súa clase dirixente.

CC.OO pasou de ser un sindicato de clase forte e con grande capacidade movilizadora a converterse nun dos alicerces fundamentais sobre os que descansan os cimentos do estado, facendo da paz social -é dicir da conciliación de intereses coa clase dominante- a súa razón de ser.

No entanto aínda se contan por milleiros os homes e mulleres que no seo das CC.OO traballan desde a base por defender consecuentemente, ás veces en difíciles condicións, os dereitos e intereses da clase traballadora, enfrontados abertamente á estrutura dirixente burocratizada pero conscientes da necesidade de seguir pelexando baixo unhas siglas históricas ante a inexistencia ou inconsistencia de referentes sindicais alternativos nos que participar.

Entre eses homes e mulleres atópanse un bo número de cadros sindicais do PCPE que batallan, no seu traballo cotián entre a clase obreira por defender os principios de alumaron o nacemento dos CC.OO, loitando pola democratización do sindicato e por devolver ás masas traballadoras o protagonismo que lles corresponde.

No proceso do 9º Congreso Confederal alzáronse voces esixindo un cambio radical nas posicións conciliadoras e entreguistas practicadas pola burocracia dirixente representada polo seu máximo responsable, Fidalgo.

O Comité Central do PCPE saúda e apoia aos seus militantes en CC.OO quen están a dar unha lección de honradez e compromiso coa nosa Clase, á vez que tendemos a nosa man a eses compañeiros e compañeiras que traballan na mesma dirección, facendo o que estea na nosa man para provocar un profundo cambio na política do sindicato.

Da mesma maneira afirmamos que ningún cadro sindical do PCPE participará de intrigas nin tacticismos para repartirse postos, cargos ou liberacións a cambio de conseguir os nosos votos. Nada máis alleo que iso á nosa cultura militante e á nosa traxectoria no seo do movemento obreiro.

O C.C. do PCPE fai un chamamento aos seus militantes en CC.OO para intensificar o noso traballo, no que resta de proceso congresual, na liña de promover resolucións tendentes a situar claramente a este sindicato fronte ás pretensións do capital de facer pagar a crise á clase obreira, en defensa da seguridade e saúde de traballadoras e traballadores e en contra da normativa europea das 65 horas.

O C.C. do PCPE está convencido de que eses miles de militantes de base de CC.OO que defenden e practican o sindicalismo de clase e outros tantos que o fan desde outras opcións sindicais son o punto de partida e a base material do proceso de reconstrución do sindicalismo de clase que con urxencia necesitan os traballadores e traballadoras dos pobos de España.


POR UNHAS CC.OO DE CLASE, ABAIXO A BUROCRACIA SINDICAL !

FIDALGO VAITE XA !

Pola reconstrución do sindicalismo de Clase, sociopolítico, asembleario e democrático


PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA

COMITÉ CENTRAL