ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 26 de setembro de 2008

65 horas? que traballe o rei



¿65 HORAS? ¡QUE TRABALLE O REI!

7 de outubro: Xornada Europea

Contra a normativa das 65 horas semanais de traballo

A Unión Europea pretende aplicar unha nova normativa aprobada polo Consello de ministros de Traballo da unión, pola cal se podería ampliar o tope da xornada laboral ata as 65 horas.

Esta manobra supon un ataque brutal sin precedentes contra os dereitos individuais e colectivos do conxunto dos traballadores e traballadoras dos países da U.E. E un paso máis face á imposición dun novo modelo de escravitude asalariada. Os gobernos da UE vendennos unha imaxe idílica do proceso de “construcción europea”, mentres aproban mudanzas lexislativas que nos conducen a unha situación na que todo o noso tempo estará á disposición dos intereses dos capitalistas.

O goberno español, nunha atitude condescendente cos intereses do capital europeo non votou en contra da proposta senon que se abstivo, deixando así a porta aberta á súa aplicación dentro das fronteiras do estado español, de aprobarse definitivamente polo parlamento europeo. Por unha banda fálannos de conciliación da vida familiar, e por outra auméntannos o tempo de traballo: non cabe maior cinismo.

O argumento de que a normativa se aplicaría conforme a unha negociación individual entre o traballador e o empresario para a distribución do aumento de xornada agacha tamén a trampa envelenada da individualización das relacions laborais, que é o paso previo imprescindible para arrebatarnos definitivamente todos e cada un dos dereitos colectivos acadados durante décadas de loita e sacrificios da clase obreira internacional.

Ademáis de roubarnos o pouco tempo de descanso que nos quedala normativa incidirá negativamente na sinistralidade laboral, pois si xa resulta esgotador traballar aos ritmos de producción actuais durante 8 horas, ¿cómo acabaremos a nosa xornada despois de traballar durante 10, ou sin dispor de dous días de descanso completos?

Desde o PCPE denunciamos máis unha vez más o carácter imperialista da U.E e do recentemente aprobado tratado de Lisboa ao tiempo que facemos un chamamento aos sindicatos europeos a rexeitar o proxecto da U.E por ser antagónico cos intereses da clase traballadora europea. Defendemos unha Europa dos traballadores e dos Pobos no camiño dun futuro socialista.

O PCPE chama aos traballadores e traballadoras a oporse enérxicamente a esta medida esixindo ao goberno español o seu contundente rexeitamento. Chamamos a todos e todas a unirse ás accions de loita contra este novo ataque aos dereitos e intereses da clase obreira europea que terán lugar o 7 de octubre en toda a U.E e no estado español.

PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA

Comité Central

www.pcpe.es