ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 26 de setembro de 2008

sindicais



CONTRA A REPRESION SINDICAL NA TELEFONICA

NOTA DE PRENSA 4

CONTINÚA A LOITA NA TELEFÓNICA POLA RETIRADA DOS DESPIDOS E AS SANCIÓNS.ONTE XOVES 25 DE SETEMBRO REALIZOUSE UNHA MANIFESTACIÓN CONVOCADA POLAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS AST (ALTERNATIVA SINDICAL DE TRABALLADORES), CXT (CONFEDERACIÓN XERAL DO TRABALLO) E Cobas (COMISIÓNS DE BASE). Tamén está convocada unha hora de paro todos os xoves do mes de setembro para todos os turnos de traballo e en todo o estado.

O PCPE chamóu a participar e solidarizar cos compañeiros de Telefónica .






CIG INFORMA (De Avantar)

No mes de marzo deste ano comezaba a negociación do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia de Ourense, que afecta a máis de 2.000 traballadoras e traballadores. Despois de sete reunións, a última a principios de xuño, non se chegou a ningún acordo nin houbo avanzos significativos. Ante esta situación as traballadoras e traballadores deste sector decidiron convocar folga indefinida no sector desde o 1 de outubro.

Case un cento de delegados e delegadas da Federación de Banca participaron nunha nova concentración contra o proceso de reconversión do BBVA, desta volta na cidade de Ourense. No que vai de ano o cadro de persoal do BBVA reduciuse en 1.200 persoas, estando previsto que, ao final do proceso, se destrúan 8.000 empregos a nivel estatal, dos que 400 serán en Galiza.

O laudo arbitral ditado polo AGA, dependente do Consello Galego de Relacións Laborais, vén de darlle a razón á CIG ao recoñecer o dereito das 10 traballadoras e o traballador despedidos de Galicia Dixital a ser subrogados. Unha posibilidade que negaban tanto a empresa que gañou a concesión como Presidencia, de quen depende a exposición, a través da Secretaría Xeral de Comunicación, e que implica que os traballadores/as poden manter o mesmo posto de traballo aínda que cambie a empresa concesionaria.

Xornada “Emprego doméstico: analise e debate”. Terá lugar o sábado 27 de setembro. Organizada polo Departamento de Migración da CIG, conta coa colaboración da asociación de empregadas do fogar Xiara. Participarán importantes e destacadas investigadoras e analistas da situación das traballadoras no emprego doméstico, asi como terán voz as propias traballadoras deste sector. Trátase dun sector moi precarizado: os contratos na maioría son de palabra, hai cambios de horario en calquera momento, no caso das internas moitas veces se lles desconta por aloxamento e manutención até o 45% do seu salario, non se recoñecen as horas extras, non se recoñecen os accidentes laborais, non teñen dereito ao desemprego, non cobran as baixas até o dia 29, non poden darse de alta na seguridade social a menos que traballen máis de 18 horas semanais.

Plus de altos cargos: a Xunta de Galiza ten que destinar nos seus orzamentos miles de euros para pagar os 15.000 euros anuais extra sobre o salario. Plus que supera, po si só, o salario bruto anual de moitos traballadores/as das contratas da administración.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------