

De: SolidNet [mailto:info@solidnet.org]
O sábado 31 de xaneiro acudindo á convocatoria do Movimento de Solidariedade coa Revolución cubana e apoiado por más de 80 organizacions (entre elas e como sempre o PCPE e os CJC) xuntáronse máis de 8.000 persoas.
Partido Comunista dos Pobos de España.
Comité Executivo
EK-PCPE e as eleccións bascas
CUBA NON ESTÁ SOA
NO 50 ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN CUBANA
Fronte ás agresións, inxerencias e inxurias de Esperanza Aguirre e do Partido Popular contra Cuba
Fronte ao uso do diñeiro público por parte de Esperanza Aguirre a organizacións terroristas de Miami
Fronte á campaña mediática de acoso e derribo á Revolución Cubana
¡ POLO RESPETO Á SOBERANÍA DE CUBA!
¡CONTRA A INXERENCIA EXTRANXEIRA NOS ASUNTOS INTERNOS DE CUBA!
¡POLO CUMPLIMENTO DAS RESOLUCIÓNS DA ONU DE LEVANTAR O BLOQUEO NORTEAMERICANO CONTRA CUBA!
¡A POR OUTROS 50 ANOS DE REVOLUCIÓN!
CUBA, NON ESTÁ SOA
¡VIVA CUBA SOCIALISTA!
MANIFESTACIÓN EN SOLIDARIEDADE CON CUBA
SÁBADO 31 DE XANEIRO 2009 ÁS 18.00 HORAS
DESDE A GLORIETA DE BILBAO A COLÓN
MADRID
CONVOCA:
MOVIMENTO DE SOLIARIEDADE COA REVOLUCIÓN CUBANA
“CUBA, NON ESTÁ SOA”
Cuba non está soa!!! ASINA O MANIFESTO
CIG INFORMA
A segunda convocatoria de folga en Vidreira do Atlántico volveu resultar un éxito total, co 100% do seguimento do persoal, que non se arredou ante as baixas temperaturas e a alerta polo temporal. A xornada comezou o domingo 24 ás 10 da noite e rematará o martes 27 de xaneiro ás 6 da mañá.Có seu segundo paro de 32 horas no que vai de mes opóñense á reducion de salarios.
CCOO INFORMA
27-01-2009.- A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Arousa (CCOO) continúa a reclamar solucións para o persoal da fábrica Cedonosa, cuxos accionistas solicitaron o peche aos administradores concursais e ao Xulgado do Mercantil.
27-01-2009.- Comisións Obreiras (CCOO) convoca os traballadores das Fundacións Comarcais de Desenvolvemento Rural a secundaren as concentracións impulsadas polo sindicato para reclamar a estabilidade laboral de todo o colectivo. Haberá concentracións todos os xoves ata o mes de marzo diante da sede central da Xunta de Galicia
CGT INFORMA
A Confederación Xeral do Traballo (CGT), xunto co resto de organizacións sindicais con presenza na Xunta de Persoal e mailo comité de Empresa de Correos na Coruña convocaron a unha concentración diante da Oficina de Correos de Boiro, onte luns, 26 de xaneiro, ás 9:15 horas pola defensa dun servizo de correos público e de calidade, e pola dignidade no traballo
XOVES 29 DE XANEIRO: Palestina, crónica dun sufrimento. O Gueto de Gaza.
CHARLA CON MOHAMED SAFA. Médico e activista palestino residente en Galiza. Autor do libro "palestina, tierra de luz y sombra".
LUGAR: SALÓN DE ACTOS DO EDIFICIO DOS SINDICATOS, RÚA PASANTERIA Nº1.
· Xoves 12 de fevereiro: Recital poético. Voces por Palestina. 20:30 na Praza da peregrina (se chove nos Arcos da Casa da Luz): onde os asistentes podan participar na lectura de poemas breves.
· Xoves 5 de fevereiro: Proxección do documental 101 OCUPATION: A voz dos silenciados. 20,30 na Sala Sargadelos. Documental sobre o conflito palestino-israelí dirixida por Sufyan Omeish e Abdallah Omeish que inclúe 101 entrevistas coa maioría dos estudiosos de América e de Israel, os líderes relixiosos, os traballadores humanitarios, as ONG e a crítica das inxustizas e violacións dos dereitos humanos que se derivan da política israelí na Ribeira Occidental, Xerusalén oriental, e a Franxa de Gaza
Mañá xoves 22 de xaneiro ás 20,30h concentrarémonos na Praza da Peregrina de Pontevedra e leremos poemas palestinos en galego e árabe:
NON AO XENOCIDIO. SOLIDARIEDADE CON PALESTINA
Así mesmo, o vindeiro xoves 29 contaremos en Pontevedra co médico palestino MOHAMED SAFA que nos informará da situación actual en Gaza e Palestina en xeral (aínda pendente de confirmar se en Salón de actos dos locais sindicais ou se na Sala Sargadelos).
Prégase difusión
Pouco despois das seis da tarde daba comezo na Praza do Concello do Porriño unha concentración convocada polos traballadores e traballadores de Astrazeneca da CIG, para denunciar a deslocalización desta factoría farmacéutica.
CIG INFORMA (de Avantar)
** F A C H O D E O U RO **
Entrega do Facho de Ouro a D. Xosé Neira Vilas
A Directiva da Agrupaçom acordou outorgar O Facho de Ouro ao escritor e homem de bem, D. Xosé Neira Vilas, como testemunha e reconhecimento a sua longa trajectória na defesa da dignidade e da cultura do País.
O acto cívico será acompanhado dumha ceia-homenagem que se celebrará o sábado, dia 31 de Janeiro, às 21 horas no Hotel Riazor d'A Corunha.
Preço por pessoa: 30 €.
Para reservar lugar chamade a Rafael, telefone: 981.269.663-(tardes)
A ASOCIACIÓN DE
AMIZADE GALEGO-CUBANA
"FRANCISCO
VILLAMIL"
TEN O PRACER DE CONVIDARVOS
AO ACTO DE LEMBRANZA E HOMENAXE
CON MOTIVO DO CENTO CINCUENTA E SEIS ANIVERSARIO
que terá lugar o domingo, 25 de xaneiro ás 12.00 horas
diante da estatua do heroe da independenza cubana
erixida nos Xardíns de Montero Ríos en Vigo
e contará coa presenza do Cónsul Xeral da República de Cuba en Galiza
Varios gobernos seguen o exemplo de Venezuela e Bolivia
IAR Noticias
As bombas non deixaron de caer nestes 22 días de agresión a Gaza
O papel de Cuba, Venezuela e Bolivia foi determinante para xerar un espazo de contrainformación masiva á manipulación mediática internacional coa operación militar de exterminio lanzada por Israel en Gaza. Ese espazo, sumado á contrainformación con informes, imaxes e testemuños circulantes por Internet, máis as marchas de organizacións e militantes en todos os continentes, foron decisivos para mobilizar unha corrente de opinión mundial que xa está obrigando aos gobernos a repensar as súas relacións co Estado de Israel e a crear alternativas de presión económica para detelo en futuras masacres.
Logo dunha operación militar de exterminio que durante 21 días consecutivos xa matou a 1100 palestinos, feriu a outros 5000, terminou coa vida de case 400 nenos, feriu a máis de 1200, asasinou preto de 200 mulleres, esnaquizou en máis dun 70% a infraestrutura de Gaza, profundou a niveis inéditos a catástrofe humanitaria dese pobo, a Israel fáiselle moi difícil explicarlle ao mundo que todo ese masacre e destrución foi cometida só para "defenderse do terrorismo".
Ademais da asimetría existente entre os mísiles intelixentes e as bombas de acio de Israel cos foguetes case artesanais da resistencia palestina está a "desproporción" de forzas expresada claramente na cifras da matanza: 1100 mortos e 5000 feridos palestinos contra só 3 mortos e algúns feridos israelís...Avanza a fronte do boicot mundial contra Israel
GRANDE ÉXITO DA CONVOCATORIA UNITARIA CONTRA A AGRESIÓN TERRRORISTA SIONISTA EN COMPOSTELA. PERTO DE 10 MILLEIROS DE MANIFESTANTES CONVOCADOS POR GALIZA POR PALESTINA E MÁIS DE 80 COLECTIVOS E ORGANIZACIÓNS, ENTRE ELAS O P.C.P.E. E OS CJC-CMC ENCHEMOS AS RÚAS DE COMPOSTELA EXIXINDO A RUPTURA DIPLOMÁTICA E O BOICOT COMERCIAL AO ESTADO SIONISTA TERRORISTA E DENUNCIANDO A COMPLICIDADE DAS DIFERENTES INSTANCIAS IMPERIALISTAS, ESPAÑOLA, EUROPEA E IANQUI.
MARCHA NACIONAL EN COMPOSTELA
Domingo 18 de Xaneiro ás 12 hrs. Con saída na Alameda
Para deter os crimes dos israelís contra o Pobo Palestino, manifestate.
GALIZA POR PALESTINA
¡¡¡¡¡¡CUBA NON ESTA SOA¡¡¡¡¡
Comisión Antiimperialista CC do Partido Comunista dos Pobos de España
¡¡¡¡¡¡CUBA NON ESTA SOA¡¡¡¡¡
Comisión Antiimperialista CC do Partido Comunista dos Pobos de España
A incontinencia do fascismo, nas súas pretensións inxerencistas e colonizadoras, tivo unha nova expresión nas declaracións de Esperanza Aguirre, Presidenta da Comunidade de Madrid , caudilla do partido popular e especialista en insultar e desprezar aos pobos.
En declaracións recentes Esperanza Aguirre cualificou ao Che de canalla, ignorando que o Che non morreu e que forma parte da historia dos pobos, que está presente en cada batalla pola liberdade e nas loitas dos pobos oprimidos. Canallas son os neofascistas que pululan impunemente polas rúas de Madrid, en complicidade cos corpos de policía, asasinando e exercendo todo tipo de violencia. Esperanza Aguirre é continuadora da ditadura fascista anterior á cal non condenou e da cal se sente herdeira, asumindo xa que logo os miles de crimes cometidos neses anos.
Agora reclama “recuperar a súa liberdade” para Cuba, recalcando que antes da Revolución Cuba era un país rico e agora está sumido na pobreza. Ata o 1 de Xaneiro de 1959 en Cuba se torturaba e asasinaba impunemente, a poboación non tiña ningún tipo de protección social. Os prostíbulos e casinos eran a riqueza que tanto estraña Esperanza Aguirre. O nivel de analfabetismo nas zonas rurais alcanzaba ao 80% da poboación, as condicións de traballo eran esclavistas. A asistencia médica existía só nas grandes urbes e apenas chegaba para atender aos cidadáns.
Hoxe Cuba goza da mellor estatística no mundo en canto a número de médicos por habitante, todas as especialidades médicas están cubertas e son un dereito gratuíto do pobo cubano, a educación é tamén gratuíta en todos os niveis académicos. Os nenos teñen protección desde o seu nacemento.
Os cargos electos para a cámara do pobo elíxense por barrios, teñen que render contas do seu traballo e poden ser revogados se os veciños consideran que non lles representa adecuadamente, ningún deles cobra salario polo seu cargo. E non como nesta España postfranquista onde a corrupción invade a todas as institucións públicas, entre elas e en numerosas ocasións as gobernadas polo Partido Popular, sen que existan mecanismos democráticos que permitan á cidadanía acabar con tanto roubo e tanta estafa ao pobo.
Esa situación de Cuba, de garantía dos servizos ao pobo, é unha grande desgraza para o Partido Popular, para o fascismo, para Esperanza Aguirre, que pechou o ano 2008 con protestas en hospitais públicos ante o proxecto de privatización e roubo da sanidade pública da Comunidade de Madrid; aguantou -coa ironía déspota que a caracteriza- os insultos dos traballadores da sanidade pública que a chamaron mentireira, especuladora, privatizadora, alegando que eran opositores políticos.
Tamén suspendeu en educación, cualificada polos estudantes do nivel máis baixo en comparación con outras comunidades; acusada de manipular e enganar en vivendas de protección oficial para xóvenes, o 60% dos cidadáns da comunidade están en contra da súa política de vivenda, chega ao 70% cando se trata de mozos de 18 a 34 anos.
Insiste así mesmo, en continuar proporcionando diñeiro público aos seus a través da realización de proxectos de estradas que confrontan abertamente coa preservación de espazos naturais, non deténdose nin con sentenzas xudiciais na súa contra.
A súa preocupación polas “liberdades” levouna hai dous anos a erixirse como madriña da mafia de Miami, desviando cantidades do orzamento público para cooperación e desenvolvemento e entregándoo a terroristas que operan contra Cuba. Recibiu un premio desta organización pola súa miseria contrarrevolucionaria. Esa estreita unión que ten coa mafia de Miami lévaa a apoiar unha concentración en contra do pobo cubano prevista para o 31 de Xaneiro en Madrid.
Con todo tanto ela como o Partido Popular, asisten impasibles ao masacre do pobo palestino, máis de 800 asasinatos en 12 días, entre eles máis de 200 nenos; este xenocidio non lles provoca ningunha declaración de condena. O terrorismo do exército de Israel non lles causa vergoña, non lles inmuta. O seu silencio failles cómplices de proxecto sionista que intenta acabar co pobo palestino e dos crimes que cometen. Asasina quen dispara. e tamén asasina quen cala.
Os pobos sentímonos indignados ante a barbarie e os seus cómplices que a consenten e a amparan; por moito que lles pese aos fascistas recoñecemos onde se atopa a liberdade e a democracia.
Denunciamos a campaña de inxerencia contra Cuba que desenvolve de forma sostida o Partido Popular.
Esiximos que os nosos recursos non sexan destinados a mafiosos terroristas en Miami.
Apoiamos o dereito dos pobos a defender a súa soberanía, ao pobo cubano e á súa revolución. CUBA NON ESTA SOA, os pobos estamos en débeda pola súa resistencia ao imperialismo e identificámonos co seu proxecto socialista.
Facemos un chamamento a responder ao Partido Popular, á mafia terrorista de Miami, aos seus portavoces no estado o estado español, a mobilizarnos fronte ás inxerencias fascistas dos lacaios do imperialismo e a sua representante en Madrid, Esperanza Aguirre
Madrid 13 de Xaneiro de 2009
Este sábado 24 de Janeiro às 20:30 Acçom Antifascista Galiza projectará na Revira o documentário "CARLOS, un año sin ti, un año contigo".
Partido Comunista dos Pobos de España.
Comité Executivo
Ignorado polas institucións e os medios de comunicación burgueses, pero moi presente na loita de clases, o Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE) celebra este 15 de Xaneiro o seu 25 Aniversario.
Os días 13, 14 e 15 de Xaneiro de1.984 milleiros de comunistas dos distintos pobos e nacións deron o paso de iniciar a recuperación da organización revolucionaria de vanguardia do proletariado español. Foi un Congreso que soubo romper a tendencia liquidacionista que o eurocomunismo impuxera nas filas do comunismo español e abría as vías para recuperar futuros escenarios de loita revolucionaria en España. Tras anos de desconcerto entre a militancia comunista pola traizón que supuxo a aceptación polo PCE da chamada Transición, formouse o Partido que, en torno á defensa do marxismo – leninismo, soubo defender os principios que son a nosa esencia como comunistas españois: República, Internacionalismo e Socialismo.
foron anos moi difíciles, no que o capitalismo impuxo a súa hexemonía mundial cun alto grado de violencia e no que, desde a soidade de ter que explicar o evidente, soubemos nutrirnos da nosa ideoloxía para seguir intervindo política e socialmente. Na loita de clases e na solidariedade cos países que seguiron construíndo o Socialismo e cos pobos que loitan contra o imperialismo e pola súa liberación, o noso Partido ha ir crecendo como unha organización con cada día máis capacidade de intervención política, maior capacidade ideolóxica e máis alto grado de organicidade leninista.
Esta é a realidade que hoxe nos permite afirmar que o PCPE e o conxunto da súa militancia, nun escenario internacional da loita distinto e máis favorable, está en disposición de librar con éxito, desde o desenvolvemento do seu proxecto inasimilable polo sistema, a batalla que situará no terreo da loita de clases o combate contra o capitalismo en crise. A oligarquía española e os seus xestores socialdemócratas e reformistas só conciben no escenario da Unión Europea a hipotética superación da crise capitalista. Nós sabemos que só a adopción dunha serie de medidas orientadas a satisfacer os intereses e necesidades da maioría social e estratéxicamente orientadas á construción do Socialismo, serán quen de mudar a realidade de represión e recorte de liberdades e dereitos que padecemos.
Porque sabemos que nos observan, non só, a clase obreira, os sectores populares e a mocidade dos pobos e nacións de España, senón tamén o conxunto de Partidos irmáns cos que avanzamos, cada día máis, no proceso de erguer o necesario referente internacional dos e as comunistas, afrontaremos con decisión todos os retos que a loita revolucionaria nos ha de situar no futuro.
¡¡¡ VIVA O MARXISMO – LENINISMO!!!
¡¡¡VIVA O PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA!!!
Madrid 15 de Xaneiro de 2.009
CIG INFORMA
O Comité de Empresa de Valeo xunto a representantes sindicais da CIG permanece pechado na sede do Clúster da Automoción en Vigo, para demandar unha solución e unha saída para as 92 traballadoras e traballadoras desta factoría de cableado para o automóbil, que desde o 31 de decembro está pechada.
O responsábel de CIG-Mar, Xabier Aboi, presentou nova documentación sobre a situación dos mariñeiros indonesios que traballan en barcos con bandeira ou con intereses españois, que avala as denuncias feitas por esta central o pasado mes contra as empresas intermediadoras.
“Traballo nómade?, non grazas!”, é o lema escollido por CIG-Saúde para a campaña que acaba de iniciar contra os traslados temporais do persoal do Centro de Transfusión de Galiza. A través da iniciativa preténdese denunciar a situación de precariedade laboral que padecen os e as traballadores e traballadores deste servizo.
CUT INFORMA
A folga do servizo de cafeterías do Hospital Clínico de Compostela, convocada pola Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), así como pola CIG , foi seguida por máis dun 90% dos 48 traballadores/as, que conseguiron pechar, durante todo o día, a cafetería pública do CHUS de Santiago de Compostela, xestionada pola empresa SODEXHO. Así pois, estes traballadores deixaron ben claro que non van permitir que se encubra unha redución do plantel da empresa baixo o nome dun suposto “despedimento disciplinario”
CXT INFORMA
Caixanova é dona de “R” e, polo tanto, tamén é responsable das condicións de traballo que se dan no grupo “R”. É dicir, en “R” e as súas contratas. É un mundo de precariedade laboral, de represión e de despidos. E para mostra, din que basta un botón: o despido de Xurxo Gómez Nuñez.
VIGO: 18 h. Desde Vía Norte con Urzaiz. SOLIDARIEDADE CO POBO PALESTINO.
RELACION DE ORGANIZACIONS CONVOCANTES DA MANIFESTACION DO SABADO 10 DE XANEIRO EN VIGO EN APOIO DO POBO PALESTINO
CC.OO.
C..I.G.
U.X.T.
B.N.G.
E.U.
GALIZA NOVA
COMITES
FEDERACION VECIÑAL EDUARDO CHAO
ADEGA
ATTAC GALICIA
COLECTIVO VIGUES POLA MEMORIA HISTORICA DO 36
FEDERACION GALEGA DE ASOCIACIONS DE INMIGRANTES MOVIMIENTO ARXENTINOS NO EXTERIOR
COMUNISTAS DA GALIZA- PCPE
ENCONTRO INRMANDIÑO
FRONTE POPULAR GALEGA
NOS-UP
BRIGA
NOVA ESQUERDA SOCIALISTA
ASOCIACION MARROQUI DE PONTEVEDRA
COMUNIDAD ISLAMICA EN GALICIA
MEZQUITA DE VIGO
ASOCIACION MULTICULTURAL SIN FONTERAS DE PONTEVEDRA
AGARB
CUT
SANTIAGO: 20.30. Desde o Toural. GALIZA CON PALESTINA.
PONTEVEDRA: 20.00. Desde a Ferrería. PAREMOS O XENOCIDIO ISRAELÍ. SOLIDARIEDADE CON PALESTINA
A CORUÑA: 20.30 CONCENTRACIÓN NO OBELISCO, CANTÓNS
PONTEAREAS: 13.00 DIANTE DO CONCELLO
LUGO: 20.00 DIANTE DA SUBDELEGACIÓN