Hai meses que os gurús falan do Pearl Harbour financeiro, da peor crise desde a Grande Depresión dos anos trinta. A banca leva meses sufrindo a xeito os "excesos" do pasado. A Bolsa acumula un ano de pesadelo. Mais o mercado de traballo materializou os peores agoiros nun luns negro no que apenas oito grandes multinacionais anunciaron máis de 70.000 despedimentos en todo o mundo, cos EE UU á cabeza e Europa inmediatamente detrás.
CIG INFORMA
A segunda convocatoria de folga en Vidreira do Atlántico volveu resultar un éxito total, co 100% do seguimento do persoal, que non se arredou ante as baixas temperaturas e a alerta polo temporal. A xornada comezou o domingo 24 ás 10 da noite e rematará o martes 27 de xaneiro ás 6 da mañá.Có seu segundo paro de 32 horas no que vai de mes opóñense á reducion de salarios.
CCOO INFORMA
27-01-2009.- A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Arousa (CCOO) continúa a reclamar solucións para o persoal da fábrica Cedonosa, cuxos accionistas solicitaron o peche aos administradores concursais e ao Xulgado do Mercantil.
27-01-2009.- Comisións Obreiras (CCOO) convoca os traballadores das Fundacións Comarcais de Desenvolvemento Rural a secundaren as concentracións impulsadas polo sindicato para reclamar a estabilidade laboral de todo o colectivo. Haberá concentracións todos os xoves ata o mes de marzo diante da sede central da Xunta de Galicia
CGT INFORMA
A Confederación Xeral do Traballo (CGT), xunto co resto de organizacións sindicais con presenza na Xunta de Persoal e mailo comité de Empresa de Correos na Coruña convocaron a unha concentración diante da Oficina de Correos de Boiro, onte luns, 26 de xaneiro, ás 9:15 horas pola defensa dun servizo de correos público e de calidade, e pola dignidade no traballo