Partido Comunista dos Pobos de España.
Comité Executivo
Ignorado polas institucións e os medios de comunicación burgueses, pero moi presente na loita de clases, o Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE) celebra este 15 de Xaneiro o seu 25 Aniversario.
Os días 13, 14 e 15 de Xaneiro de1.984 milleiros de comunistas dos distintos pobos e nacións deron o paso de iniciar a recuperación da organización revolucionaria de vanguardia do proletariado español. Foi un Congreso que soubo romper a tendencia liquidacionista que o eurocomunismo impuxera nas filas do comunismo español e abría as vías para recuperar futuros escenarios de loita revolucionaria en España. Tras anos de desconcerto entre a militancia comunista pola traizón que supuxo a aceptación polo PCE da chamada Transición, formouse o Partido que, en torno á defensa do marxismo – leninismo, soubo defender os principios que son a nosa esencia como comunistas españois: República, Internacionalismo e Socialismo.
foron anos moi difíciles, no que o capitalismo impuxo a súa hexemonía mundial cun alto grado de violencia e no que, desde a soidade de ter que explicar o evidente, soubemos nutrirnos da nosa ideoloxía para seguir intervindo política e socialmente. Na loita de clases e na solidariedade cos países que seguiron construíndo o Socialismo e cos pobos que loitan contra o imperialismo e pola súa liberación, o noso Partido ha ir crecendo como unha organización con cada día máis capacidade de intervención política, maior capacidade ideolóxica e máis alto grado de organicidade leninista.
Esta é a realidade que hoxe nos permite afirmar que o PCPE e o conxunto da súa militancia, nun escenario internacional da loita distinto e máis favorable, está en disposición de librar con éxito, desde o desenvolvemento do seu proxecto inasimilable polo sistema, a batalla que situará no terreo da loita de clases o combate contra o capitalismo en crise. A oligarquía española e os seus xestores socialdemócratas e reformistas só conciben no escenario da Unión Europea a hipotética superación da crise capitalista. Nós sabemos que só a adopción dunha serie de medidas orientadas a satisfacer os intereses e necesidades da maioría social e estratéxicamente orientadas á construción do Socialismo, serán quen de mudar a realidade de represión e recorte de liberdades e dereitos que padecemos.
Porque sabemos que nos observan, non só, a clase obreira, os sectores populares e a mocidade dos pobos e nacións de España, senón tamén o conxunto de Partidos irmáns cos que avanzamos, cada día máis, no proceso de erguer o necesario referente internacional dos e as comunistas, afrontaremos con decisión todos os retos que a loita revolucionaria nos ha de situar no futuro.
¡¡¡ VIVA O MARXISMO – LENINISMO!!!
¡¡¡VIVA O PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA!!!
Madrid 15 de Xaneiro de 2.009