ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 8 de janeiro de 2009

MANIFESTACIÓN SÁBADO 10-01.08 NA PRAZA DA FERRERÍA DE PONTEVEDRA ÁS 20 h.


MANIFESTACIÓN SÁBADO 10-01.08 NA PRAZA DA

FERRERÍA DE PONTEVEDRA ÁS 20 h.:

PAREMOS O XENOCIDIO ISRAELÍ.

SOLIDARIEDADE CON PALESTINA

MANIFESTO UNITARIO

Dende fai tres semanas o estado de Israel está levando a morte e a

desolación ó pobo palestino e somete a toda a poboación mundial á

humillación de ser testemuña impotente dun xenocidio, friamente

executado.

As entidades convocantes desta

manifestación denunciamos este

xenocidio, consentido polos gobernos

máis poderosos da comunidade

internacional.

Por tal motivo, decidímonos a:

1.- Amosar o noso horror diante da

acción de Israel e a nosa solidariedade

coas víctimas.

2.- Recoñecer o lexítimo dereito e deber do pobo palestino á defensa da súa

liberdade e dignidade e a combater a ocupación da súa terra, a devastación

do seu país e a apropiación violenta polo estado de Israel dos seus pobos,

campos e aldeas.

3.- Parar o xenocidio do pobo palestino e a invasión militar da franxa de

Gaza. Apertura inmediata pola comunidade internacional dun corredor para

auxiliar á poboación de Gaza e pór fin ó seu illamento.

4.- Esixir ós gobernos (autonómicos, español, europeos e internacionais)

que rematen coa súa pasividade, auxilien de xeito inmediato á poboación

palestina, condenen explicitamente este crime contra a humanidade e

impoñan a Israel o fin da súa agresión. Particularmente, esiximos ó goberno

español que denuncie ante os seus homólogos da Unión Europea o tratado

preferencial con Israel, o cese da venda de armas e que reconsideren o

tratamento político, económico e diplomático co pobo palestino, en

cumprimento da universalidade dos dereitos humanos.

Primeiros asinantes: Amarante, APDR, Asociación Multicultural Sen

Fronteiras, Asociación Marroquí de Pontevedra, Briga, Comunidade

Islámica de Paredes, CCOO, CGT, CNT, Galiza por Palestina, NOS UP,

UGT, Redes Escarlata, C.S. Revira, Verbo Xido, Comunistas da Galiza P.C.P.E. ……