ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 1 de janeiro de 2009

listaxe de convocatorias facilitada por GALIZAPORPALESTINA e COSAL

A C T O S

CONTRA O XENOCIDIO PALESTINO

Convocatoria a todo o pobo galego

Galiza por Palestina chama a todo o pobo galego a solidarizarse co pobo palestino e condenar a agresión militar sionista na Franxa de Gaza concentrandose nas súas cidades e vilas diante do seu Concello, ali donde non exista unha convocatoria en outro lugar, o vindeiro venres, día 2 de xaneiro, ás 20’30 horas da noite.


Para deter os crimes dos israelís contra os palestinos, para esixir o fin da complicidade do goberno español e das institucións europeas cos asesinos, para poñer fin ao cinismo da mal chamada comunidade internacional, manifestate en:

VENRES, DÍA 2 DE XANEIRO, ÁS 20’30 HORAS,

A Coruña: Concentración no Obelisco, Cantóns.

Ferrol: Concentración diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Praza de España.

Vigo: Concentración diante do MARCO, Rúa do Principe.

SÁDADO, 3 DE XANEIRO.

Ponteareas: Concentración ás 12’00 horas, diante do Concello.

Vigo: Concentración ás 19’00 horas, diante do MARCO, Rúa do principe.

Galiza por Palestina pide ao pobo galego que mostre o seu apoio a Palestina colgando bandeiras ou panos palestinos nos seus balcóns.

Pedimoslle tamén que apoie todas as mostras de repulsa á agresión israelí que se convoquen no noso país.

www.galizaporpalestina.blogspot.com