ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 29 de janeiro de 2009

Conspiración para Matar e Colaboración Necesaria Carmelo Suárez




Conspiración para Matar e Colaboración Necesaria



Carmelo Suárez, Secretario Xeral do P.C.P.E.


No marco da loita de clases neste país a doutrina xurídica desenvolveu toda unha construción argumental para combater a quen se lle opón e, así, lexitimar a represión das súas xustas aspiracións obtendo, en ocasións, un alto consenso social.



Que pasaría se lles aplicásemos, aos máis altos representantes do estado, a mesma doutrina que eles elaboraron para manter a súa hexemonía?



O resultado é ben sinxelo. O actual Xefe do Estado -Juan Carlos de Borbón- e o Presidente do Goberno de España -José Luís Rodríguez Zapatero- son culpables de "conspiración para matar e colaboradores necesarios".



O asunto do que lles acuso é dos miles de vítimas dos ataques xenocidas do sionismo israelí contra o pobo palestino de Gaza. E non se trata dunha acusación puramente formal, é unha acusación obxectiva que debera ser tarefa dun Tribunal dos Pobos, se o mesmo existise e tivese a opción de abrir unha causa penal por estes crimes.



O primeiro punto da acusación é o de non condenar estes crimes. E iso ten unha especial gravidade cando a condena de calquera dos dous tería un forte impacto en toda a escena internacional e, xa que logo, condicionaría a actitude doutros gobernos -europeos especialmente-, impedindo a continuación destes crimes. Que non realice condena algunha se entende como aceptación das criminais actuacións do sionismo, e iso permítelle seguir impunemente cos seus bárbaros crimes; ata a declaración de "desproporcionada" é unha complicidade coa matanza.



Nas rúas deste país a xente decente, solidaria co pobo palestino, berra: ¡Mata quen dispara, e tamén mata quen cala!



Por outra banda ningún dos dous reformulou nin cuestionou a variada colaboración que o estado español mantén co sionismo. Intercambio económico, representación diplomática, venda de armas por parte de España, colaboración coa organización terrorista Mossad, etc.



Desde Israel impórtanse -entre outros produtos- patacas que se venden nos comercios deste país. Esas patacas foron plantadas en terras roubadas ao pobo palestino e regadas con auga roubada ao pobo palestino. Xa que logo este goberno autoriza a venda de produtos obtidos a través da guerra e a rapiña do sionismo contra o pobo palestino, e o goberno e o Xefe do Estado consénteno, autorízano, danlle os permisos.



O sionismo internacional comete impunemente estes crimes porque Zapatero e Juan Carlos de Borbón llo permíten, danlle cobertura política e lles axúdan coa subministración de armas e coas finanzas necesarias a través da comercialización dos produtos obtidos nas accións terroristas.



No caso de Rodríguez Zapatero engádese un agravante maior. Do mesmo xeito que o xefe dos terroristas sionistas -Ehud Barak- él tamén pertence á Internacional Socialdemócrata(1) cun cargo destacado. Esa Internacional non realizou a máis mínima condena da actuación dun dos seus xefes. Xa que logo dáse a circunstancia de asociación para matar no ámbito internacional, con estrutura orgánica, finanzas e cobertura propagandística que fai titulares como "Operación militar" e outras que tentan agochar o carácter criminal e terrorista destas accións.



Hoxe calquera persoa deste país ten dereito a esixir o procesamento de Juan Carlos de Borbón e de José Luís Rodríguez Zapatero, pedindo para eles a cadea perpetua que establece o seu ordenamento xurídico e a inhabilitación a perpetuidade para calquera cargo público.



Se isto fose unha democracia por suposto que isto sería así.
Carmelo Suárez Cabrera.
Secretario Xeral do PCPE
(1) Négome a chamarlle Internacional Socialista pola manipulación política que estes canallas fan do termo socialismo


De: SolidNet [mailto:info@solidnet.org]