ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 12 de janeiro de 2009

LABORAL



CIG INFORMA

O Comité de Empresa de Valeo xunto a representantes sindicais da CIG permanece pechado na sede do Clúster da Automoción en Vigo, para demandar unha solución e unha saída para as 92 traballadoras e traballadoras desta factoría de cableado para o automóbil, que desde o 31 de decembro está pechada.

O responsábel de CIG-Mar, Xabier Aboi, presentou nova documentación sobre a situación dos mariñeiros indonesios que traballan en barcos con bandeira ou con intereses españois, que avala as denuncias feitas por esta central o pasado mes contra as empresas intermediadoras.

“Traballo nómade?, non grazas!”, é o lema escollido por CIG-Saúde para a campaña que acaba de iniciar contra os traslados temporais do persoal do Centro de Transfusión de Galiza. A través da iniciativa preténdese denunciar a situación de precariedade laboral que padecen os e as traballadores e traballadores deste servizo.

CUT INFORMA

A folga do servizo de cafeterías do Hospital Clínico de Compostela, convocada pola Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), así como pola CIG , foi seguida por máis dun 90% dos 48 traballadores/as, que conseguiron pechar, durante todo o día, a cafetería pública do CHUS de Santiago de Compostela, xestionada pola empresa SODEXHO. Así pois, estes traballadores deixaron ben claro que non van permitir que se encubra unha redución do plantel da empresa baixo o nome dun suposto “despedimento disciplinario”

CXT INFORMA

Caixanova é dona de “R” e, polo tanto, tamén é responsable das condicións de traballo que se dan no grupo “R”. É dicir, en “R” e as súas contratas. É un mundo de precariedade laboral, de represión e de despidos. E para mostra, din que basta un botón: o despido de Xurxo Gómez Nuñez.