ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 8 de janeiro de 2009

Chamamento dos PPCC por PALESTINA

Grupo de Traballo: Chamamento en solidariedade co pobo palestino.




Nós, Partidos Comunistas e Obreiros de todas as partes do mundo, condenamos firmemente os repetidos ataques aéreos asasinos da forza aérea israelí sobre Gaza que tiveron como resultado a morte de máis de 340 palestinos. Por medio destes brutais ataques e outros crimes cometidos polas forzas armadas, o goberno de Israel trata de lograr o que era imposible co muro, o asedio e o bloqueo: romper a resistencia do pobo palestino.




A política de xenocidio e terrorismo de estado do goberno israelí, apoiada e aprobada polas poderosas potencias imperialistas nos EEUU e na UE e aceptada por algúns gobernos reaccionarios árabes, é unha nova provocación contra os pobos e o movemento mundial de solidariedade.




Chamamos aos traballadores, mulleres, mocidade e outros sectores, a todas as forzas antiimperialistas e amantes da paz, a mobilizarse contra os criminais ataques e a criminal política do goberno israelí, a que esixan o fin dos ataques e que se impoñan sancións contra Israel. Chamamos tamén ao desenvolvemento de accións inmediatas de solidariedade e apoio humanitario ao pobo palestino.




Os nosos partidos expresan a súa firme solidariedade coa resistencia contra as agresións, coas forzas progresistas, antiimperialistas e comunistas en Palestina e Israel, con todos o que loitan polo establecemento dun Estado Palestino independente coas fronteiras de 1967 e con Xersualén Este como capital. ¡Palestina libre e independente!




O Grupo de Traballo do encontro internacional de Partidos Comunistas e Obreiros.




30 de decembro de 2008




Novas firmas




*Partido do Traballo de Bélxica

*Partido Comunista Británico

*Partido Socialista dos Traballadores de Croacia

*Partido Comunista Unificado de Xeorxia

*Partido Comunista de Israel

*Partido dos Comunistas, México

*Partido Popular Socialista, México

*Partido Comunista dos Pobos de España

*Partido Comunista de Turquía