Pouco despois das seis da tarde daba comezo na Praza do Concello do Porriño unha concentración convocada polos traballadores e traballadores de Astrazeneca da CIG, para denunciar a deslocalización desta factoría farmacéutica.
Citroen: Suprimirase por completo a quenda de noite en abril. A dirección informou de que se producirán 298.000 coches, unha redución dun 32,88% respecto ao exercicio anterior. Sobre o tema do emprego, en función desta produción prevista, segundo a Dirección, representaría na actualidade un "exceso no taller" (¡!) de 2.000 traballadores/as aproximadamente.
Traballadores e traballadoras dos centros de saúde de toda Galiza e das Xerencias de Atención Primaria pararon a súa actividade o pasado dia 15 para concentrarse contra a privatización do servizo de cita previa. Con este acto pretendían trasladar á dirección do SERGAS o desacordo que existe entre o conxunto do persoal contra este modelo, que estará xestionado por unha empresa privada que terá acceso aos datos das tarxetas sanitarias dos usuarios e usuarias do Servizo Galego de Saúde.

CIG INFORMA (de Avantar)