ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 18 de janeiro de 2009

Avanza a fronte de boicot mundial contra Israel



Varios gobernos seguen o exemplo de Venezuela e Bolivia



IAR Noticias





As bombas non deixaron de caer nestes 22 días de agresión a Gaza

O papel de Cuba, Venezuela e Bolivia foi determinante para xerar un espazo de contrainformación masiva á manipulación mediática internacional coa operación militar de exterminio lanzada por Israel en Gaza. Ese espazo, sumado á contrainformación con informes, imaxes e testemuños circulantes por Internet, máis as marchas de organizacións e militantes en todos os continentes, foron decisivos para mobilizar unha corrente de opinión mundial que xa está obrigando aos gobernos a repensar as súas relacións co Estado de Israel e a crear alternativas de presión económica para detelo en futuras masacres.


Logo dunha operación militar de exterminio que durante 21 días consecutivos xa matou a 1100 palestinos, feriu a outros 5000, terminou coa vida de case 400 nenos, feriu a máis de 1200, asasinou preto de 200 mulleres, esnaquizou en máis dun 70% a infraestrutura de Gaza, profundou a niveis inéditos a catástrofe humanitaria dese pobo, a Israel fáiselle moi difícil explicarlle ao mundo que todo ese masacre e destrución foi cometida só para "defenderse do terrorismo".


Ademais da asimetría existente entre os mísiles intelixentes e as bombas de acio de Israel cos foguetes case artesanais da resistencia palestina está a "desproporción" de forzas expresada claramente na cifras da matanza: 1100 mortos e 5000 feridos palestinos contra só 3 mortos e algúns feridos israelís...
Avanza a fronte do boicot mundial contra Israel