Partido Comunista dos Pobos de España.
Comité Executivo
EK-PCPE e as eleccións bascas
O Comité Executivo do Partido Comunista dos Pobos de España, en relación ás
vindoiras eleccións na Comunidade Autónoma Basca (CAB), quere manifestar que:
Euskal Komunistak-PCPE non presentará candidaturas: Euskal Komunistak-PCPE constituíuse hai menos dun ano e medio e desde entón viviu un lento pero
progresivo crecemento numérico e orgánico. Incorporáronse camaradas cunha
contrastada traxectoria de militancia e loita polos dereitos, as liberdades e o
socialismo para o pobo basco. Tamén se incorporaron numerosos mozos e mozas. Con todo,
co nivel actual de desenvolvemento organizativo os comunistas de Euskal
Komunistak-PCPE non temos aínda a estrutura organizativa suficiente como para
poder presentar electoralmente á sociedade basca -nas formas adecuadas- a
alternativa comunista que propomos. Esta é unha das razóns polas que Euskal
Komunistak-PCPE non presenta candidaturas nas eleccións da CAB.
Euskal Komunistak-PCPE si se presentou nas eleccións xerais de 2008 nas
provincias de Bizkaia, Nafarroa e Araba: Euskal Komunistak-PCPE presentou
candidaturas nas eleccións xerais de marzo de 2008. Isto respondía a un obxectivo
marcado a nivel estatal: dar a posibilidade de votar aos comunistas de todo o Estado a unha
alternativa comunista, republicana e defensora do dereito de autodeterminación.
Ademais, Euskal Komunistak-PCPE foi capaz de incorporar como independentes a varias
persoas con recoñecida traxectoria no movemento comunista basco e en varias
frontes de masas como Jesús Mari Tomás (Plataforma contra as Térmicas de Castejón),
Enrique Sánchez (Solidariedade Internacionalista), Pablo Lorente (AHT
Gelditu! e Plataforma contra as Térmicas de Castejón), etc. Moitos deles son hoxe
militantes activos de Euskal Komunistak-PCPE. Tamén se deu a circunstancia de que
determinados grupos xuvenís decidiron colaborar con nós no desenvolvemento da
nosa campaña en Bizkaia. Doutra banda, o carácter estatal das eleccións de hai
un ano difire moito das eleccións autonómicas da CAB, nas que a
posibilidade de presentar candidaturas ha de ser xusto reflexo do grao de desenvolvemento
organizativo nos herrialdes bascos afectados.
Euskal Komunistak-PCPE entende as eleccións como unha fronte na que hai que dar
batalla: Os comunistas sabemos que un Parlamento burgués non traerá a ruptura que
o noso proxecto propón. Agora ben, chegado o caso non dubidaremos en utilizar a
tribuna parlamentaria en favor dos intereses da clase obreira basca. Nese caso, os
representantes do Partido deberán usar o Parlamento como altofalante das loitas
populares e non ao contrario. Pero na situación actual, as eleccións poden ser útiles
noutro sentido: son un momento no que os sectores populares e a clase obreira
teñen unha especial sensibilidade cara ao discurso político; ademais, tamén son
momentos nos que o poder burgués cede algúns espazos: locais, espazos nos
medios de comunicación, etc. Por iso, os comunistas habemos de aproveitar estes momentos
para facer chegar o noso discurso á clase obreira e aos demais sectores
populares. Neste sentido, a pesar de que Euskal Komunistak-PCPE non vai presentar
candidaturas, sí vai realizar actos nos que poder explicar o proxecto do Partido, as
loitas nas que xa estamos participando e a opción que Euskal Komunistak-PCPE
apoia neste proceso electoral. O noso proxecto non é electoralista e esta actividade
política trata de ser xusto reflexo do noso compromiso.
Finalmente, Euskal Komunistak-PCPE denuncia a non existencia de condicións
democráticas en Euskal Herría: Os comunistas de Euskal Komunistak-PCPE non
podemos pechar os ollos ante a grave situación que vive Euskal Herria, e que se agravou estes últimos días coas ilegalizacións de partidos, detencións e
encarceramentos producidos. Entendemos que non existen condicións democráticas
para exercer a actividade política en Hego Euskal Herría porque se persegue e ilegaliza
de forma inxusta opcións políticas que representan a loita de importantes sectores
populares do pobo basco. Ademais, non se permite o libre exercicio do dereito de autodeterminación,
que os comunistas entendemos como un dereito democrático dos
pobos. O Partido xa denunciou en numerosas ocasións a persecución contra
a Esquerda Abertzale e fixo a súa valoración sobre o chamado "conflito basco". Así,
Euskal Komunistak-PCPE segue a apostar por unha saída política ao conflito, xa que
entendemos que o fin da violencia e a represión só poden vir da ruptura co
actual modelo de dominación e a garantía plena dos dereitos individuais e
colectivos, de clase e nacionais, nun marco republicano, de carácter confederal e
socialista.