CUBANA
50 ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN CUBANA.
Os Comités Executivos do PCPE e dos CJC, no 50 Aniversario do triunfo da Revolución Cubana, facemos pública a seguinte
DECLARACIÓN:
CINCUENTA ANOS DE LOITA E VITORIAS.
O 1º de xaneiro de 1.959 a clase obreira, o campesinado e os sectores populares pobres do campo e a cidade tomaban ao asalto o ceo da Habana. Atrás quedaban máis de dous anos dunha guerra revolucionaria heroica que pulverizóu a Ditadura de Batista e puxo fin ao dominio dos Estados Unidos.
O imperialismo non deu respiro á nova Revolución. O apoio directo á contrarrevolución, a constante ameaza de intervención militar, o apoio, sostemento e financiamento de todo tipo de actos terroristas; e todas as fórmulas coñecidas de inxerencia e chantaxe foron postas en práctica por Estados Unidos contra a República de Cuba.
A vangarda revolucionaria e o pobo combatente contestaron a cada agresión radicalizando o proceso a favor das grandes maiorías sociais, ata entón excluídas. As nacionalizacións, a reforma agraria, a campaña de alfabetización, a práctica dunha política exterior de defensa incondicional dos pobos oprimidos, xunto á declaración do carácter socialista do proceso revolucionario mostraron ao mundo enteiro que, nesta ocasión, Cuba tomara a decisión de marchar cara á súa independencia definitiva da man da construción socialista.
E así se demostrou en Praia Girón. A invasión militar mercenaria, organizada polos EEUU, foi esmagada polo pobo combatente, entrando na Historia como a primeira derrota militar do imperialismo ianqui en América Latina e o Caribe.
CINCUENTA ANOS DE EXEMPLO E RESISTENCIA.
Xunto á intervención militar de Praia Girón, e a planificación de todo tipo de actos terroristas contra a poboación cubana, o goberno ianqui deseñou o seu principal instrumento de asfixia e xenocidio contra o pobo cubano: o bloqueo.
Tras o triunfo da contrarrevolución na Unión Soviética e nos países socialistas do leste europeo, o bloqueo foi endurecido e estimulouse a emigración ilegal mediante a hipócrita e criminal Lei de Axuste Cubano. As medidas adoptadas pola dirección da Revolución, no coñecido como Período Especial, permitiron á conta dun enorme e heroico sacrificio derrotar novamente ao anexionismo e preservar a independencia da nación cubana, do poder popular e das conquistas socialistas.
O fracaso de todas as leis anticubanas das distintas administracións norteamericanas e da chamada posición común da Unión Europea, constátase, ademais de polos innegables progresos sociais e económicos, polo importantísimo avance diplomático de Cuba, especialmente en América Latina e o Caribe
VENCEREMOS NAS BATALLAS PRESENTES E FUTURAS.
En Cuba demostrouse que, como dixera Fidel, perdura o que o pobo defende. A democrática participación e mobilización popular, a política de principios defendida pola dirección da Revolución e o Partido Comunista de Cuba, xunto á flexibilidade táctica precisa para derrotar todo tipo de manobras e inxerencias, son un exemplo vivo para todo pobo que aspire a conquistar a súa independencia e emprender o proceso de construción socialista.
A Revolución Cubana converteuse nun exemplo mundial de solidariedade. As misións sanitarias e culturais cubanas en decenas de países ou os miles de médicos e médicas procedentes de países empobrecidos formados en universidades cubanas son o seu mellor expoñente e ruborizan hoxe ás principais potencias mundiais.
Cuba tivo que vencer no último período o azoute de duros furacáns. Na pronta resposta do Goberno, no grao de mobilización, organización e solidariedade popular, confírmase a superioridade da organización socialista do pobo fronte ao egoísmo e ao “sálvese quen poida” que caracteriza ás sociedades capitalistas.
A Revolución derrotou novamente ao imperialismo na ONU. O Bloqueo foi illado internacionalmente e a UE viuse obrigada a modular a súa posición. Ao mesmo tempo en Cuba emprendeuse un proceso xenuinamente democrático de debate e discusión de novas medidas coa participación activa de millóns de traballadores que confirma a fortaleza do proceso.
As ensinanzas e o exemplo de Fidel, e doutros e outras dirixentes, seguen presentes na loita do pobo cubano e na de quen loitamos por un futuro socialista.
No 50 Aniversario do triunfo da Revolución, os e as comunistas españois organizados no PCPE e os CJC:
Ratificamos o noso compromiso internacionalista e fraternal na defensa intransixente da Revolución Cubana.
Continuamos traballando por fortalecer e unir ao movemento de solidariedade no estado español, ao que debemos sumar a unha maioría popular que mantén estreitos e históricos lazos de amizade co pobo irmán de Cuba.
Condenamos o bloqueo ilegal, xenocida e criminal, posto en marcha por EEUU como máxima expresión do cerco imperialista.
Chamamos a derrotar a posición común da UE imperialista e esiximos ao Goberno Español unha política activa en defensa da soberanía da República de Cuba e o cesamento inmediato de todo apoio aos grupos contrarrevolucionarios e terroristas de extrema dereita que actúan desde España.
Chamamos a incrementar a loita pola liberdade dos Cinco Heroes cubanos encarcerados inxusta e ilegalmente nas prisións imperialistas por defender ao seu pobo da morte e o terrorismo.
Defendemos o dereito da Revolución a defender a soberanía de Cuba e o Socialismo con todos os medios ao seu alcance ata derrotar definitivamente as ilegais agresións ás que se ve sometida e ata a definitiva derrota do imperialismo.
Saudamos ao pobo revolucionario de Cuba, á súa clase obreira, campesinado e á mocidade cubana, desexándolles os maiores éxitos nas batallas presentes e futuras.
Saudamos ao Partido Comunista de Cuba e á Unión de Xóvenes Comunistas, con quen mantemos relacións de irmandade baseadas nos principios do internacionalismo proletario e do marxismo - leninismo, en defensa da paz, a amizade e a solidariedade internacional.
A Revolución Cubana representa para o noso colectivo partidario un dos maiores exemplos de dignidade e defensa dos principios que inspiran a nosa práctica revolucionaria. Neste 50 Aniversario, renovamos o noso compromiso de loita solidaria xunto ao pobo cubano, a súa dirección política e as súas organizacións de masas.
O Comandante Fidel, a quen enviamos o noso máis fraternal saúdo, non só foi absolto pola historia. As súas ensinanzas e exemplo están presentes a diario na loita dos pobos contra o imperialismo e nas loitas da clase traballadora e o campesinado contra a explotación capitalista e impulsan e inspiran o traballo diario dos e as comunistas do PCPE e os CJC.
¡VIVA A REVOLUCIÓN CUBANA!
¡VIVA O PARTIDO COMUNISTA DE CUBA!
¡VIVA FIDEL, VIVA RAÚL!
¡ATA A VICTORIA SEMPRE!