ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 18 de novembro de 2008

20 de novembro




20 DE NOVEMBRO, NIN UN RESPIRO á REACCIÓN FASCISTA

O vinte de novembro de 1975 morría o ditador Francisco Franco, símbolo da ditadura sufrida polos pobos do estado español durante 37 anos. Esta significativa data, aínda sendo nun principio patrimonio de diversas organizacións reaccionarias de distinto calado, a modo de reivindicación da sanguenta ditadura anterior, pasou a ser a través da mobilización e a loita unha xornada de combate por parte do movemento antifascista de todo o Estado. Isto é, sen ningún xénero de dúbida, unha vitoria
fundamental do antifascismo, que demostra na práctica o grao de madurez e capacidade de iniciativa que está alcanzando nos últimos tempos. Mostra exemplar diso é a celebración neste ano dunha convocatoria do vinte de novembro coordinado estatalmente entre distintas coordinadoras e plataformas antifascistas de todo o Estado.

Este mes de Novembro acolle ademais outra data de especial transcendencia para o movemento antifascista. As mobilizacións convocadas ao longo de todo o Estado en recordo e homenaxe ao compañeiro Carlos con motivo do primeiro aniversario do seu asasinato, deixaron patente que este non cedeu un chisco de terreo en canto a combatividad e capacidade de mobilización refírese. Debemos de continuar co espírito de abnegada loita que sustentou este ano desde a morte de Carlos..


Doutra banda, é de obrigada referencia a represión que, inmersa dentro dunha tendencia xeral de intensificación da represión e criminalización contra os movementos populares combativos, sufriu e sofre o movemento antifascista ben a través dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, do aparello xudicial, ou dos medios de comunicación de masas. O ataque mediático e legal contra a Coordinadora Antifascista de Madrid, o caso dos 14 de Cangas de Onís, as brutais cargas da Unidade de Intervención Policial contra os antifascistas toledanos...son claros exemplos do que aquí nos referimos. Mentres tanto, elementos nazi-fascistas seguen agredindo e atentando contra militantes e sedes de organizacións de esquerdas contando cun status de práctica impunidade debido a expresa complicidade existente entre estes e certos elementos da xudicatura e os distintos corpos de policía. Non cabe dúbida de que este agravamento da represión contra o movimiento antifascista débese ao crecemento cuantitativo e cualitativo que este experimenta actualmente.

Ante o panorama de crise económica que comezamos a sufrir non debemos de descartar baixo ningún concepto a aparición do fascismo como fenómeno de masas. É máis, debemos de pór todo o noso esforzo en dotarnos das ferramentas adecuadas para impedir que isto suceda; sobre o movemento antifascista recae hoxe esta responsabilidade histórica. Nese sentido, o noso deber comprende a necesidade de dar esa fundamental batalla como é a loita popular contra o fascismo, unha loita que aglutine a amplos sectores da poboación e a diversas correntes ideolóxicas contra un inimigo común representante da reacción mais sanguinaria e terrorista. Un movemento sectario esta condenado a desaparecer, só mediante unidade e a loita podemos aspirar a combater de xeito efectivo ao fascismo.

CONTRA O FASCISMO, UNIDADE E LOITA
CARLOS, IRMÁN, NÓS NON ESQUECEMOS.


-- Unir á mocidade, organizar a revolución
www.cjc.es