ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 12 de novembro de 2008

SINDICAL


s 00:42 (8 horas atrás)
Responder

CIG INFORMA. DE AVANTAR

O luns 10 de novembro tivo lugar a rolda de prensa de presentación da mobilización convocada pola CIG para o próximo 13 de novembro "Por un novo modelo económico e social" e para que "A crise a pague o capital", na comarca de Vigo. Asi, informouse de que esta será a manifestación central da organización sindical nacionalista, que contará coa presenza do secretario xeral da CIG, Suso Seixo. Esta marcha sairá ás oito da tarde de Vía Norte e rematará o seu percorrido na Porta do Sol.

“Xornadas internacionais sobre economia social (vivenda e crédito)”, celebraranse o 21 e 22 de novembro no Hotel Tryp Los Galeones, en Vigo. Estes encontros son os segundos sobre esta temática de cooperativismo que se realizan este ano, organizado conxuntamente pola CIG e a Federación de Cooperativas Sinerxía. A vivenda e o crédito serán os temas principais destas Xornadas.

Cortan a construción do porto exterior da Coruña por 2 horas e media.

Integrantes do comité de empresa da UTE-Langosteira e membros da CIG cortaron de 7 a 9. 30 os accesos ás obras da nova dársena e retrasaron a incorporación da quenda da mañá hora e media, en protesta polo despedimento de oito obreiros.

Os orzamentos presentados pola Consellaría de Educación para o ano 2009 non só son insuficientes para avanzar na calidade do ensino senón que son os que menos medran desde a entrada do novo goberno na Xunta de Galiza.

CIG-As Rías compareceu o venres 7 de novembro para denunciar a situación que están a pasar os/as traballadores/as da empresa Ambulancias Egara-Mon, T.S., S.L. Os responsables da empresa despediron a dous candidatos e coaccionaron os/as traballadores/as que tomaron parte nas Eleccións Sindicais.