ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 18 de novembro de 2008

MANIFESTACIÓN CONTRA O PLANO INTEGRA


MANIFESTACIÓN CONTRA O PLANO INTEGRA
> > O DÍA 30 DE NOVEMBRO ÁS 12:00 DA MAÑÁ.
> > PARTIRÁ DA PRAZA DOS CABALOS PARA REMATAR NA PORTA DO SOL
> >
> >
> > POR QUE PEDIMO-LA RETIRADA DESTE PLANO?
> > O Plano Vigo Íntegra adopta e establece un modelo de
> > mobilidade baseado nas estradas de alta capacidade como
> > infraestructuras principais, prácticamente únicas, para o
> > transporte de persoas e mercancías na área de influencia
> > de Vigo. Foi redactado sen ter en conta a súa necesaria
> > contextualización nunha planificación integrada e
> > xerarquizada do territorio. Así, foi redactado sen ter para
> > nada en conta un plan director territorial da Galiza, unha
> > planificación integrada das infraestructuras e un plan
> > integrado de transporte.
> > Porque está baseado nun modelo obsoleto de transporte e
> > mobilidade que esquece totalmente o transporte público e
> > que aposta pola utilización do vehículo privado, que non
> > esquezamos é un dos principais resposabeis de emisións de
> > gases de efecto invernadoiro á atmósfera, causantes do
> > cambio climático global.
> > Provoca un enorme e irreversible impacto ambiental, así
> > como social e económico e non soluciona os problemas de
> > movilidade , senón que os agrava e dilapidan grandes
> > cantidades de diñeiro público (2000 millóns de € na
> > construción de 243.8 km de novas autovías) que só
> > favorece a intereses privados de grandes constructoras e do
> > sector petroleiro.
> > Foi elaborado sen contar coa participación cidadá e sen
> > ter enconta a crise económica mundial. Non toma en conta a
> > fonda crise enerxética na que nos vemos inmers@s derivada,
> > en boa parte, deste modelo de transporte.
> > QUE DEFENDEMOS ?
> > Un modelo de transporte baseado na accesibilidade , a
> > proximidade e o fomento do transporte colectivo. Que se
> > deseñe a ordenación do territorio dun xeito
> > verdadeiramente participativo, tendo en conta un modelo
> > alternativo de transporte e infraestruturas máis ecolóxico
> > e humano.
> > Que o diñeiro presupostado para o plan Vigo Integra se
> > empregue para a mellora, humanización e vertebración da
> > rede viaria xa existente e do transporte público terrestre,
> > marítimo da ría, ferroviario de proximidade, carrís
> > bici,..... Cremos tamén que se pode invertir noutras
> > infraestruturas máis necesarias como hospitais comarcais,
> > centros sociais, educativos, de saúde, culturais,
> > deportivos, espazos verdes e un longo etcétera que faría
> > máis autosuficientes as nosas barriadas, parroquias e
> > vilas.
> > Esiximos que o deseño urbanístico, que inclúe a rede
> > viaria, fuxa da especulación pura e dura e se ateña á
> > realidade demográfica, social , cultural e económica de
> > cada concello e cada comarca.
> > POR TODO ISO, SAE A RÚA CONNOSCO CONTRA UN PLAN QUE:
> > Amosa un grande descoñecemento do territorio (porque os
> > seus intereses son outros) na fragmentación irracional de
> > núcleos urbanos e rurais; no trazado de estradas sobre
> > casas e incluso sobre rúas urbanas que non se reflicten non
> > planos; no uso restricto dos listados oficiais de xacementos
> > arqueolóxicos, pública e notoriamente incompletos; na
> > ignorancia de muíños e camiños acestrais; na ausenza de
> > toda alusión a fitos xeolóxicos e hidroxeomorfolóxicos de
> > tan excepcional importancia como as covas do Folón,
> > (parroquia de Coruxo, Concello de Vigo).Provoca a
> > artificialización e desnaturalización xeralizada do
> > territorio. Destrucción da configuración xeolóxica
> > orixinal do territorio ..Desaparición de hábitats e
> > destrucción de biodiversidade. Destrucción de bosques e de
> > fragas de ribeira Ocupación e perda de solo de xeito
> > irreversible. Deformación xeomorfolóxica por medio de
> > fendas, taludes e recheos . Fragmentación territorial e
> > efecto barreira hidrolóxico, ecolóxico, social e
> > paisaxístico. Destrucción de leitos fluviais, rios e
> > regatos,manantiais. Destrución da paisaxe natural e
> > cutural, etc.
> > Provoca a destrución da cultura rural a través da
> > destrución do seu vencellamento a terra, deformando ou
> > facendo desparecer o seu soporte territorial. Destrucción
> > da vinculación vital e afectiva dos veciños co seu
> > hábitat .Fragmentación dos asentamentos poboacionais
> > (núcleos urbanos e parroquias) e, con ela, fragmentación
> > da relación humana no rural.Destrución dunha terra,
> > delicada, amplamente ocupada e antropizada, de
> > xeitosustentable, ao longo de séculos. Unha terra onde case
> > cada lugar tivo, e ten, utilidade material e significado
> > vital. E que leva asociado, polo tanto, un importante
> > patrimonio cultural, histórico, arqueolóxico e
> > etnográfico. E un importante patrimonio inmaterial:
> > toponimia, mitos, lendas e misterios asociados aos lugares e
> > aos fitos xeomorfolóxicos, e que están inseridos na
> > conciencia colectiva do País.
> > MANIFESTACIÓN DOMINGO DÍA 30 DE NOVEMBRO ÁS 12:00h
> > Desde a praza dos cabalos ata a porta do Sol
> >
> > CONVOCAN:
> > A Ría Non se Vende / A.C. Berra Val Miñor / A.C.
> > Caleidoskopio / A.VV. "Dunas" (Nigrán) / A.VV.
> > "A Irmandade" de Priegue / Afectados Ronda Vigo -
> > Lavadores / Agrupaçom de Montanha "Augas Limpas"
> > /
> > Alternativa Veciñal / Asociación A Groba / Asociación
> > Afectados PO-313 /
> > Bouzas Móvete / Centro Social A Revolta / Clube
> > Espeleolóxico Maúxo /
> > Colectivo Lúa Meiga / Colectivo Nacionalista de Marín /
> > Colectivo Xogo Descuberto / Comisión de Seguimento da
> > Conexión da A-57 con Peinador /
> > Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares /
> > Foro Social de Cangas / Grupo Axitación Social (GAS) /
> > Luita Verde /
> > Nunca Máis Val Miñor / OAR Redondela / Plataforma Cidadá
> > de Redondela /
> > Plataforma pola Defensa de Mos / Plataforma Priegue Unido /
> > Plataforma Vive Gondomar / Salvemos Monteferro / Sárdoma en
> > Loita / Verdegaia
>