ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 28 de novembro de 2008

"O ASFALTO NON É PROGRESO"


Car@s compañeir@s:

Baixo o lema "O ASFALTO NON É PROGRESO" os 30 colectivos abaixo asinantes, queremos convidarvos a tod@s a participar connosco na

Manifestación contra o Plano Vigo Íntegra

Este domingo, día 30 de novembro ás 12:00 h.

Partirá da Gran Vía (Praza dos Cabalos) para rematar na Porta do Sol

Vigo Íntegra:

Un Plano que arruinaría o territorio, a paisaxe, a natureza, a biodiversidade e o noso patrimonio material e inmaterial.
Un Plan que destruiría, polo tanto, a nosa identidade.


Agardámosvos a tod@s o domingo ás 12 na Gran Vía de Vigo (Praza dos Cabalos) para camiñar xunt@s cara á retirada dese Plano, nunha manifestación convocada por 30 colectivos sociais, culturais e ecoloxistas de todas as vilas e comarcas afectadas.

O Vigo Íntegra é un Plano baseado nun modelo obsoleto de transporte e mobilidade que esquece totalmente o transporte público e estimula a utilización do veículo privado, xerando aínda máis contaminación e incrementando o consumo de petróleo. Provocaría un enorme e irreversible impacto ambiental, social e económico, e a destrución do noso patrimonio cultural e arqueolóxico.

Malgastaría 2.000 millóns de euros de diñeiro público na construción de 243,8 quilómetros de novas autovías, asfaltando máis de sete millóns de metros cadrados de territorio, afectando gravemente ó concello de Vigo e ás comarcas do Morrazo, Baixo Miño, O Rosal, Val Miñor, Condado-Paradanta, A Louriña, Redondela, e zona sur de Pontevedra.

Este Plano pretende converter toda a área afectada nunha gran máquina económica: producir máis para consumir máis. E para iso non dubida en destruír o territorio, a paisaxe, a natureza, a biodiversidade e o noso patrimonio material e inmaterial... Non dubida, polo tanto, en destruír a nosa identidade. Non está feito para ti, senón contra ti.

Ata o domingo, unha aperta para tod@s.

Domingo 30 de novembro, ás 12:00
Pola retirada do Plan Vigo Íntegra
O ASFALTO NON É PROGRESO

Difunde isto por favor

CONVOCAN:

A Ría Non se Vende / A.C. Berra Val Miñor / A.C. Caleidoskopio /

A.VV. "Dunas" (Nigrán) / A.VV. "A Irmandade" de Priegue /

Afectados Ronda Vigo - Lavadores / Agrupaçom de Montanha "Augas Limpas" /

Alternativa Veciñal / Asociación A Groba / Asociación Afectados PO-313 /

Bouzas Móvete / Centro Social A Revolta / Clube Espeleolóxico Maúxo /

Colectivo Lúa Meiga / Colectivo Nacionalista de Marín / Colectivo Xogo Descuberto / Comisión de Seguimento da Conexión da A-57 con Peinador /

Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares /

Foro Social de Cangas / Grupo Axitación Social (GAS) / Luita Verde /

Nunca Máis Val Miñor / OAR Redondela / Plataforma Cidadá de Redondela /

Plataforma pola Defensa de Mos / Plataforma Priegue Unido /

Plataforma Vive Gondomar / Salvemos Monteferro / Sárdoma en Loita /

SOS Serra da Groba / Verdegaia


_______________________________________________
Lista mailing list
Lista@galizanonsevende.org
http://lists.galizanonsevende.org/mailman/listinfo/lista




--
http://colectivonacionalista.wordpress.com
http://cnmarin.com.sapo.pt