ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 1 de abril de 2009

1º de abril: Unha xornada mundial de loita





1º de abril: Unha xornada mundial de loita fronte ás políticas de axuste económico capitalista para combater o o fascismo, o imperialismo e o capitalismo

A convocatoria internacional de loita que a Federación Sindical Mundial convocou para o 1º de abril de 2009, ten unha importancia especial no actual marco de axuste estrutural que os monopolios capitalistas e o imperialismo no seu conxunto están orientando contra a clase obreira do mundo enteiro.

A FSM foi desde a súa fundación en 1945, cabeza de combate das forzas progresistas e revolucionarias do planeta, cuxa loita sindical sempre se orientou desde unha perspectiva de clase. Desde entón, organizacións sindicais de clase e combativas, co apoio de partidos e colectivos comunistas e populares, agrupáronse nela para facer fronte a unha situación económica mundial que non é... outra que a crise cíclica que o sistema capitalista aplica periodicamente e onde os grandes consorcios multinacionais e as elites económicas mundiais reforzan o seu control económico, acabando co mito das clases medias e os soños baleiros que nos inculcan de progresar baixo un desigual sistema de repartición do produto do traballo.

No Estado Español, esta xornada de loita ten unha importancia especial. A dependencia española dos centros de poder económico mundiais fai que o marco xeral de crise capitalista teña unha especial incidencia nas xa mermadas economías da clase obreira. A orientación histórica do Estado Español como punto estratéxico de localización de plans agresivos contra os pobos marcou sempre a súa dependencia, e ante esta crise cícilica do modelo económico, comeza a albiscarse as razóns polas que se estivo formando durante anos unha política de desmantelamento do tecido industrial, de fomento dun sindicalismo oficial totalmente entregado á burguesía local así como un continuo transvasamento das rendas do traballo ao sistema financeiro por medio de axudas públicas á banca e aos consorcios da construción: crear un marco económico dependente, forxar un territorio onde predomine a desmovilización social para reforzar ese carácter estratéxico que España ten para o imperialismo; en definitiva, un territorio libre de conflitos sociais e fortemente vixiado para un mellor desenvolvemento dos plans agresivos.

O papel da mocidade nesta crise capitalista vén reforzar precisamente esa característica do capitalismo español. Unha mocidade permanentemente agredida polo marco económico e que se pon de manifesto en forma de temporalidade nos contratos de traballo(máis do 50% en 2008), e unha evidente desigualdade salarial respecto da media(en torno ao 30%). E esa situación de temporalidade ten especial incidencia neste marco de axuste económico capitalista, e é que unha das primeiras vítimas destes axustes sexa o conxunto da mocidade, cun aumento excepcional do paro xuvenil e situacións cada vez máis avanzadas de pobreza relativa(con limitacións graves do nivel de consumo) e pobreza absoluta(cunha renda inferior a un euro ao día).

Ante isto, o capital ofrece as súas propias alternativas á mocidade ante a situación económica: a convocatoria de prazas para as Forzas Armadas, para contribuír ás misións imperialistas ás que España se comprometeu; convocatorias de miles de prazas axilizadas para Policía Nacional, Garda Civil e Policía Municipal, para reprimir á clase obreira e aos sectores populares que ousen protestar contra unha crise que eles pagan pero que non xeraron, etc. Tamén é considerable o gasto que o Goberno español está desenvolvendo en materia xudicial e represiva, onde tamén se incrementaron prazas para a reaccionaria Administración de Xustiza ou a construción de dous novos centros penais con modernas aplicacións represoras en Zamora e Ceuta. Esta é a resposta do Goberno Español ante a crise capitalista: militarización social e represión para os que protesten; millonarios fondos que irán parar ás Forzas de Seguridade, así soluciona o Goberno español a crise capitalista.

A clase obreira migrante

A composición maioritariamente xuvenil dos traballadores e traballadoras migrantes no Estado Español tamén é motivo especial para a loita. Tras ser obrigados a abandonar ás súas familias e os seus lugares de orixe polos mesmos grupos económicos que saquearon estas zonas, para seguir enriquecéndose á súa costa nos países do polo imperialista, agora son os elementos sobrantes do proceso produtivo. A brutal represión que están sufrindo á vista e paciencia das organizacións socialdemócratas, está sendo constatada polo apoio cómplice dos sindicatos oficiais a esta "man dura". O Consello Económico e Social, no seu ditame previo á enésima e fascista reforma da Lei de Estranxeiría, xustificou a actual represión contra a clase obreira migrante fundamentándoa na "situación económica". Dito Consello está composto tanto polas diferentes patronais de grandes, pequenas e medianas empresas, como polos sindicatos oficiais Comisións Obreiras e UXT. Este Informe, feito público o 11 de xaneiro de 2009, demostra a complicidade dos grandes sindicatos nesta materia e que veñen introducir as teses da racista Directiva europea de Retorno de Inmigrantes.
A mocidade migrante é vítima primeriza desta represión á clase obreira, e é tarefa de todos os revolucionarios que esta xornada sexa tamén un marco para a organización e loita unitaria dos obreiros e obreiras de todas as nacionalidades. É moi importante reforzar isto, dado que as estruturas mediáticas, xudiciais e policiais do Estado español están sinalando indirectamente(e cando non, directamente), a este sector da clase obreira como responsable da crise, aplicando un fascismo de Estado e intentando dividirnos como clase.

A mocidade comunista

Os Colectivos de Xóvenes Comunistas, como organización xuvenil da clase obreira, facemos fincapé neste tipo de xornadas de loita, porque preparan as condicións para un ulterior e máis agudo proceso de combate contra o capitalismo e o imperialismo. Con iso facemos nosa a reivindicación que a Federación Sindical Mundial fai para esta xornada, e á que animamos a desenvolver a todos os compañeiros alí onde traballen e nas formas que sexan consecuentes a cada ámbito de traballo que cada militante ou simpatizante leve a cabo no seu territorio. Estas reivindicacións son:
- A clase traballadora e os pobos do mundo vítimas das políticas antilaborales esixen cambios profundos; a construción, consolidación e defnensa das políticas, económicas e sociais como alternativas ao capitalismo e o seu modelo neoliberal de globalización.
- Defender a acción unitaria dos traballadores/as, e as forzas progresistas baixo os principios de clase, para impedir máis explotación e precarización do traballo.
- Pola distribución da riqueza, mellorar os salarios.
- Contra o traballo infantil.
- Non máis despedimentos de traballadores/as, defensa dos dereitos sociais e laborais.
- Redución da xornada de traballo sen reducir os salarios, polo fortalecemento dos sindicatos.
- Contra toda forma discriminación cara ás mulleres traballadoras, novas, inmigrantes etc, pola igualdade de oportunidades
- Nacionalización da banca e demais sectores estratéxicos, como a enerxía, soberanía alimentaria baixo control social.
- Cesamento inmediato das guerras, cesamento dos fondos á OTAN e as armas militares; que eses orzamentos sexan investidos no sector produción para xerar emprego e para o desenvolvemento dos pobos.
- Non máis represións nin asasinatos de dirixentes sindicais e loitadores sociais.
- Polo retiro inmediato e sen condicións das forzas militares de ocupación de Iraq, Palestina e demais territorios árabes así como de Afganistán.
- Polo pleno respecto á soberanía e libre determinación dos pobos.

¡NIN GUERRA ENTRE POBOS NIN PAZ ENTRE CLASES!
¡ENFRONTAR AO FASCISMO, AO IMPERIALISMO E AO CAPITALISMO!
¡ORGANIZAR A REVOLUCIÓN!

Colectivos de Xóvenes Comunistas, a 29 de marzo de 2009