
CIG INFORMA  (AVANTAR)
A sección  sindical da CIG en GKN Driveline denuncia o incumprimento por parte  do INEM, no pago das prestacións por desemprego derivadas do Expediente  de Regulación de Emprego da empresa GKN Driveline, case 800 os traballadores  afectados”. 
O persoal da  Vidreira do Atlántico iniciou a oitava xornada de folga  o domingo 5 de abril desde as dez da noite, que se prolongará até  as seis da mañá do martes, 32 horas continuadas..
SACYR,  unha das principais empresas construtoras do AVE na provincia de Ourense,  está a incumprir reiteradamente a normativa en materia de xornada laboral  e descansos, impoñendo un horario de 10 e 11 horas diarias e  obrigando a traballar en datas festivas.
Centrais sindicais  da Saúde con representación no Hospital Meixoeiro e no Nicolás Peña  denuncian a mudanza das condicións laborais das enfermeiras  que forman parte do servizo de hospitalización a domicilio, facendo  quendas rotativas, pasando de traballar no ámbito rural ao urbano,  e viceversa.
Os delegados  e delegadas da CIG-Construción realizaron o 3 de abril unha  nova xornada de mobilizacións  para denunciar o incumprimento  sistemático do convenio por exceso de xornada, (mínimo  10 horas) e a perda de salario.
CUT INFORMA
