ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 1 de abril de 2009

60 ANOS DE OTAN: FASCISMO E GUERRA PARA SUPERAR As CRISES CAPITALISTAS




O próximo 4 de abril de 2009 cúmprense 60 anos da fundación da OTAN impulsada polos EEUU. Os seus obxectivos iniciais eran o apoio militar ás campañas agresivas dos seus estados membros, o monopolio do arma nuclear e un despregamento de bases militares que desde 1949 a 1991 tiñan como fin a agresión e invasión do bloque socialista. A súa propaganda presentábaa ao mundo como a defensora da "Democracia" fronte ao "totalitarismo soviético".

Pero a realidade xa era que a OTAN daba cobertura ao nazifascismo ante o prestixio da URSS polos seus méritos na Segunda Guerra Mundial, o cal contribuíu ao surximento do campo socialista europeo e ao crecemento mundial dos Partidos Comunistas. Historicamente foron membros da OTAN varias ditaduras fascistas e desde 1953, EEUU dá o seu apoio á ditadura de Franco a cambio da cesión de todo tipo de bases militares e de espionaxe e da súa apertura económica aos produtos e capitais USA, deste xeito protéxese ao réxime de Franco e impide a súa derrota a mans dos movementos democráticos.

Unha vez derrubado o campo socialista, ao que a OTAN contribuíu decisivamente, a súa pretendida función "defensiva" fronte a un ataque soviético queda desmentida, pois a OTAN non só non desaparece senón que se mostra moito máis agresiva que no pasado. Ás súas funcións de levar a cabo guerras coloniais contra Movementos de Liberación Nacional, guerras de agresión contra países socialistas e gobernos progresistas ou intervencións indirectas contra movementos revolucionarios, engádese a guerra "contra o terrorismo" e polo control dos recursos naturais.

Actualmente, a OTAN e os EEUU senten libres de toda presión e despregaron toda a súa capacidade criminal de levar a guerra a todas as partes do mundo cunha impunidade e insolencia só comparable á de Hitler. Coa desaparición da única garantía para a Paz na Terra -que era o bloque socialista- e co triunfo dun sistema que necesita da guerra e da morte para sobrevivir (o capitalismo), as guerras, as agresións imperialistas, os xenocidios e as matanzas multiplícanse en todo o mundo.

Como xa teorizóu Lenin, a militarización da economía e a política de guerra son dous recursos dos estados imperialistas para superar a crise, manter a taxa de ganancia das compañías privadas e asegurar o seu dominio mundial.

O estado español forma parte da OTAN desde que en 1986 se impuxo por referendo e aínda que en Catalunya, Euskadi e Canarias gañou o NON. Actualmente incorporouse ao mando da estrutura militar vulnerando as condicións daquel referendo, ademais das bases militares no noso territorio, a cesión de infraestruturas (como portos e aeroportos) e as intervencións das forzas armadas españolas (Yugoslavia, Iraq, Afganistán) que se realizaron desde entón e que se seguen realizando contra a vontade dos pobos de España.
Dicir NON á OTAN é dicir non a un sistema que só nos ofrece condicións de vida e de traballo precarias e que como solución de mellora proponnos a guerra e a morte. A mocidade comunista unímonos á loita antiimperialista por un futuro de paz e solidariedade entre os pobos e de progreso para a maioría da humanidade.

A MOCIDADE CONSTRÚE O SEU FUTURO LOITANDO

Comité Central dos CJC.
25 de marzo de 2009