ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 26 de abril de 2009

1º de maio



¡A crise capitalista que a paguen os ricos!



Loitemos por un futuro socialista





Celebramos o 1º de maio de 2009 inmersos nunha profunda crise económica provocada, entre outros factores, pola voracidade sen límites dun capitalismo que favoreceu o enriquecemento rápido a través da economía especulativa, xerando durante os últimos anos un aumento vertixinoso da taxa de beneficio fundamentalmente dos sectores financeiro e inmobiliario. O desplome anunciado da chamada burbulla inmobiliaria e a caída en picado da produción industrial, xunto á pechada negativa de concesión de crédito por parte das entidades financeiras son elementos craves dunha crise na que a peor parte recae, como non podía ser doutro xeito, sobre a clase traballadora e os sectores populares.

Máis de 4.010.700 de persoas están no desemprego, situando a taxa de paro nun alarmante 17.36% da poboación activa. No primeiro trimestre do ano 802.800 traballadores e traballadoras perderon o seu posto de traballo, nun ritmo de destrución de emprego sen precedentes na historia recente. Pero detrás das frías cifras e porcentaxes escóndese a verdadeira realidade que habemos de vivir, día tras día, as familias traballadoras, como a de 1.06.400 fogares nos que todos os seus membros están no paro, ou a dos traballadores inmigrantes, cuxa taxa de paro supera o 28%.

Non hai día en que non se aprobe un Expediente de Regulación de Emprego ou se peche unha empresa deixando a todos os seus traballadores e traballadoras na rúa. Mentres, o goberno de Zapatero dedica os seus esforzos ás operacións cosméticas no seu gabinete e a inxectar máis diñeiro ás entidades financeiras para garantir a súa liquidez, mostrándose incapaz de tomar medidas que conteñan a destrución de emprego e garantan unhas condicións de vida dignas para os sectores populares.

Na mesma onda os empresarios aproveitan a conxuntura para esixir reformas do mercado laboral, pondo o seu punto de mira na consolidación dos recortes de dereitos laborais e sociais coa escusa da crise económica. Outros xestores do capital, como o gobernador do banco de España claman por unha reforma das pensións que confronta claramente cos intereses da clase traballadora e os sectores populares.

Nesta conxuntura de ofensiva capitalista, e cunhas estruturas sindicais entregadas fai tempo á clase dirixente, a nosa tarefa máis urxente ha de consistir en dotar á clase obreira dos instrumentos necesarios para buscar unha saída á crise favorable aos intereses do pobo traballador. A oposición frontal ás medidas de conxelación salarial, á implantación de EREs en empresas con beneficios e aos despedimentos, han de ser a pedra angular dun sindicalismo de clase cuxos principais actores non serán os dirixentes sindicais senón os propios traballadores e traballadoras que adquiren conciencia da necesidade de loitar para non ser esmagados pola maquinaria capitalista.

Os comunistas do PCPE chamamos aos sectores máis conscientes e combativos da clase obreira a fortalecer o noso proxecto político. Só a existencia dun Partido Comunista forte e cun programa político profundamente transformador, que traballe entre as masas, será a garantía dunha saída á crise que beneficie ao pobo traballador e dun futuro socialista. O contrario será unha “refundación” do capitalismo que non pode traer outra cousa que máis explotación e miseria para a inmensa maioría da humanidade.

Facemos un chamamento a participar na xornada de loita contra a crise capitalista que as organizacións do PCPE desenvolverán ao longo e ancho do estado español o próximo 22 de maio baixo o lema ¡A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS!

PARTIDO COMUNISTA DOS POBOS DE ESPAÑA


Comité Central www.pcpe.es