ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 29 de julho de 2009

COMUNICADO SOBRE HONDURAS


Comunicado Comisión Antiimperialista do CC do PCPE:

O GOLPE MILITAR FASCISTA EN HONDURAS E A AGRESION IMPERIALISTA CONTRA OS PROCESOS DEMOCRATICOS EN AMERICA LATINA



O pobo hondureño resiste fronte ao golpe de estado en Honduras, consciente do momento histórico enfróntase aos militares golpistas nas rúas, nas universidades, nos centros de traballo.

Seguen producíndose detencións ilegais, asasinatos, militarización de institucións públicas, os escuadrons da morte rescataron aos seus antigos dirixentes con experiencia na práctica de desaparicións e torturas, algúns mesmo foron elevados á categoría de asesor político dos golpistas, como é o caso do torturador Billy Joyer, sicario dos 80 e integrante do escuadrón da morte 3-16.

A pesar de que o goberno estadounidense se empregou en gañar tempo a favor dos golpistas, o pobo hondureño non se rende.

O carácter fascista do réxime autoritario que fai 26 días se instalou en Honduras recibiu significativos apoios desde o exterior como o da familia Pinochet ou a fundación de Aznar (FAES) e a organización neofascista UnoAmerica que asesorou aos autores do errado intento de asasinato de Evo Morales no derradeiro abril .

No interior do país os grandes medios de comunicación ao servizo da oligarquía situáronse inmediatamente á beira golpista, entre eles Canle 6, propiedade de Ralph Nodarse, multimillonario coñecido nos anos 80 por dirixir a instancias da CIA o intento de emisión de radio cara a Cuba desde unha organización que se denominaba "forzas especiais da guerra anticomunista", Ralph Nodarse acolleu en 2004 ao terrorista Posada Carriles en tránsito cara a EEUU.

A agresión ao pobo hondureño é un claro intento de frear os procesos liberadores en America Latina, o imperialismo prepara o escenario para futuras agresións aos pobos latino americanos que se rebelan contra o neoliberalismo, que rexeitan o tratado de libre comercio que o goberno estadounidense quere impor para continuar coa expoliación.

O imperialismo conta co seu fiel lacaio Uribe, que pon Colombia ao servizo dos seu proxectos. A instalación de cinco novas bases norteamericanas na Colombia con inmunidade fronte á xustiza colombiana, facilita ao imperialismo a intervención noutros países.

Colombia refórzase como elemento estratéxico, o seu presidente en consoancia coa política de terror imperialista, é responsable no seu país de miles de desaparicións, asasinatos e de millóns de desprazados.

Coñecidos personaxes da política inxerencista como William Brownfield, que en decembro de 1989 participou na invasión de Panamá, causando 2000 mortos civís (entre eles o fotógrafo español Juantxu Rodríguez), era o embaixador de EEUU en Venezuela cando se produce o golpe de estado contra o goberno de Chávez, e nunca desmentiu a súa participación nese golpe, na actualidade é embaixador de EEUU en Bogotá.

Converter Colombia nun centro de operacións militares, configurar a plataforma necesaria para agredir a países da rexión, son parte da política inxerencista do goberno estadounidense presentada baixo o plan "estratexia cara a unha ruta global".

Denunciamos a complicidade dos medios de comunicación internacionais que silencian a resistencia do pobo hondureño, o sometemento dos gobernos monicreques do imperialismo que puxeron as súas esperanzas no paso de tempo e esperan pacientemente a recibir a consigna do goberno estadounidense para recoñecer aos golpistas, así como as manobras manexadas na sombra polo imperialismo tendentes a outorgarlle lexitimidade e recoñecemento ao presidente e goberno golpistas, como son os encontros que promove Oscar Arias, presidente da Costa Rica, que desconecta coas declaracións de organismos internaciones como a Asemblea Xeral da ONU e mesmo a OEA.

Coa seguridade de que o pobo hondureño vencerá, de que os procesos en America Latina son imparables, de que a historia lles pertence, desde o Partido Comunista dos Pobos de España facemos un chamamento á unidade fronte ás agresións imperialistas, a mobilizarnos para defender os procesos democratizadores e libertadores que se abren camiño, America Latina é unha, a solidariedade debe ser unha, a unidade vencerá.

¡¡¡ALERTA, ALERTA QUE CAMIÑA A ESPADA DE BOLIVAR POR AMERICA LATINA ¡¡¡

Comisión Antiimperialista do CC do PCPE


25 de xullo de 2009