ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

terça-feira, 21 de julho de 2009

NON É FEMINISTA

¡POR UNHA LEI DO ABORTO LIBRE E GRATUÍTO DE VERDADE!



A nova lei mantén o aborto no Código Penal, castigando con penas de cárcere e inhabilitación ao persoal sanitario, e de multa ás mulleres, convertidas en delincuentes por decidir sobre o seu propio corpo. A Igrexa católica, os xuíces reaccionarios e a dereitaza española seguirán denunciando ás clínicas e perseguindo ás mulleres cando o estimen oportuno. E iso non é feminismo, señor presidente do goberno.

O período libre de 14 semanas é insuficiente para detectar un embarazo non desexado, buscar información, tomar unha decisión e cubrir os trámites burocráticos, especialmente no caso de mozas e inmigrantes. A nova lei mantén a tutela médica e xudicial sobre as mulleres. E iso non é feminismo, señora vicepresidenta.

Os casos de grave risco para a vida da muller quedan fóra da lei a partir da semana 23, a pesar de que o Tribunal Constitucional eliminou os prazos neste suposto en prol da vida da muller. E iso non é feminismo, señoras e señores do goberno.

O período de reflexión de tres días imposto pola nova lei constitúe un lacerante mecanismo de control das mulleres que presupón a frivolidade ou a falta de racionalidade feminina. E iso non é feminismo, señora ministra de igualdade.
A obxección de conciencia seguirá sen regulación, amparando a fraude de lei cometido por equipos médicos e direccións de hospitais que impón a obxección de forma colectiva. E iso non é feminismo, señoras e señores do PSOE.

O aborto NON será gratuíto xa que o 97 % dos casos practícanse na mediciña privada e a nova lei non resolve esta situación. Seguirán as derivacións ás clínicas privadas de cidades a miúdo moi afastadas. O elevado custo privado da IVE é inaccesible para multitude de traballadoras, especialmente inmigrantes e mozas. E iso non é socialismo.
A anticoncepción NON se financiará na sanidade pública (agás a pílula anticonceptiva cando non se prescribe como anticoncepción). A nova lei mantén as diferenzas sociais na planificación familiar e fomenta a fraudulenta obxección das farmacias que se negan a dispensar a pílula do día despois ou mesmo un simple preservativo a moitas mulleres. Mozas, inmigrantes e traballadoras en xeral sofren especialmente esta discriminación. E iso, señor Zapatero, nin é feminismo nin é socialismo.

QUE NON NOS MANIPULEN:
O ABORTO, OU É UN DEREITO OU É UN DELITO