ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 13 de julho de 2009

O capitalismo non é o que lles venderon: dez países do antigo campo socialista decláranse en quebra absoluta e piden axuda urxente ao FMI



"O terrible foi que todo o que nos contaban do comunismo era mentira, e todo o que nos contaban do capitalismo era verdade..."(comentario)
(tomado de Kaos en la Red)

Polo menos dez países do Leste de Europa están negociando co FMI un rescate de miles de millóns de dólares para evitar a quebra. Segundo recela o xornal austríaco , o organismo internacional está disposto a conceder axudas dada a gravidade da situación que atravesan estas economías.

Os países que solicitaron axuda ao FMI, polo momento son: Bulgaria, Croacia e Macedonia (solicitan axuda por primeira vez); Ucraína, Serbia, Romanía, Bielorrusia e Letonia negocian a ampliación dos préstamos do FMI ou acelerar a súa recepción; mentres, Hungría aínda está estudando a posibilidade de solicitar máis diñeiro do FMI.

Mentres, Bosnia-Herzegovina recibiu o xoves 1.570 millóns de dólares da entidade para afrontar a crise económica. O crédito por un período de tres anos élle necesario ao país balcánico para atenuar os efectos da crise financeira e económica mundial.

Unha primeira cantidade, duns 282 millóns de dólares, estará de inmediato a disposición do Banco Central bosníaco, que repartirá a suma entre as dúas entidades que forman o Estado. A federación común de musulmáns e croatas obterá dous terzos da suma, e á república serbia corresponderalle un terzo, informa Efe.

O ministro de Finanzas no Goberno central bosníaco, común dos tres pobos, Dragan Vrankic, declarou nos medios que as autoridades bosníacas deben cumprir os seus compromisos de aforro, sobre todo no sector social e fiscal, para poder acceder ao resto do diñeiro do crédito.

Persiste a "preocupación sobre a saúde financeira dos países do Leste e cemtro de Europa", segundo Tsutomu Soma, operador de Okasan Securities Co. en Tokio. Por iso, é probable os investidores opten por vender euros e comprar yens e dólares "como moeda refuxio seguro", informa Bloomberg.

Ademais, Lituania pode verse obrigada a pedir tamén axudas ao FMI para facer fronte á crise, segundo declarou o presidente do comité parlamentario de Finanzas e Orzamento, Kestutis Glaveckas.

"É probable que teñamos que apelar ao FMI. A situación financeira non mellora, e a contracción da economía continúa", dixo o deputado, quen estimou esas axudas en entre 10.000 e 12.000 millóns de lites (entre 3.000 e 3.500 millóns de euros).