ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 13 de julho de 2009

SOBRE A DECISIÓN DO TRIBUNAL EUROPEO DE DEREITOS HUMANOS


O Comité Central do PCPE, ante a decisión do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de apoiar a chamada "Lei de Partidos" e as consecuentes e sucesivas ilegalizacións sufridas pola Esquerda Abertzale, declara o seguinte:
Esta decisión supón un impulso político moi importante á política antidemocrática acordada por PP e PSOE no chamado "Pacto Antiterrorista", e á estratexia de represión política desatada polas forzas burguesas contra o movemento popular.

Esta decisión supón a confirmación das análises que vén realizando a nosa organización en canto á natureza clasista, antipopular e represiva da Unión Europea e os organismos que foron xurdindo na súa contorna.

O PCPE sempre mantivo unha posición firme e clara en contra das diferentes expresións de represión contra o movemento popular, focalizadas fundamentalmente na Esquerda Abertzale, no caso do Estado Español, pero tamén nos sectores máis combativos do sindicalismo e do movemento estudantil.

Desde esta posición denunciamos en todo momento que as medidas lexislativas, policiais e xudiciais responden a uns determinados intereses de clase que non admiten organizacións que poidan crebar a súa hexemonía política.
Desde esta análise, e reiterando a nosa afirmación de que a UE e as súas estruturas son o instrumento das oligarquías de Europa contra os traballadores e os pobos, os e as comunistas do PCPE somos conscientes de que toda posición que contradiga o actual modelo de dominación arríscase á criminalización, a ilegalización e a represión, todo iso garantido e lexitimado polo armazón xurídico, político e mediático da burguesía.

Mentres a extrema dereita campa ás súas anchas en Europa, mentres os xenófobos, racistas, reaccionarios e capitalistas alcanzan cada vez maiores cotas de poder ante o silencio cómplice de moitos, a esquerda transformadora e revolucionaria é perseguida sen miramiento algún.

Os gobernos da República Checa, de Turquía, de Hungría, das repúblicas bálticas, onde os comunistas e progresistas son perseguidos, poden utilizar de agora en diante o aval que este tribunal deu á persecución, detención e encarceramento de dirixentes políticos.


Do mesmo xeito que o capitalismo non se pode nin se debe refundar porque na súa mesma razón de ser se achan os problemas que xera e que padecen a clase obreira, os sectores populares e os pobos e nacións do mundo, a "democracia" da Unión Europea, esa "democracia" que o próximo 23 de agosto aprobará unha declaración igualando ao socialismo co nazifascismo, non se pode rexenerar.

Fainos falta unha democracia socialista que faga fronte ao racismo e á exclusión, que defenda a liberdade dos pobos e a liberdade dos traballadores, que loite con políticas sociais reais fronte ao paro, a miseria e a explotación.


Para o PCPE esta sentenza, de carácter plenamente político, cercena a participación política dun amplo sector do pobo vasco, coarta a liberdade de expresión e consolida penas de cárcere inxustas, á vez que alenta a represión contra os traballadores, o movemento popular e os dereitos dos pobos en loita polas súas reivindicacions, entre elas o dereito á autodeterminación, todo o cal supón un obstáculo fundamental para a solución política do conflito que se vive na Euskal Herria.


Comité Central do PCPE

Madrid, 4-5 de xullo de 2009