ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

segunda-feira, 6 de julho de 2009

REVIRA, PECHE NON

Os comunistas do PCPE trasladamos a nosa preocupación e perplexidade , diante da intención expresada por parte do concello de Pontevedra de pechar o local social A Revira.
Neste centro social moitas veces e moitas e moitos pontevedreses temos sido fraternalmente acollid@s e disfroitado da hospitalidade desta Asociación Cultural a efectos da organización ou realización de actos públicos, celebracións e tarefas unitarias e plurais nos eidos da defensa da nosa cultura, da paz, do medio ambiente, da loita feminista e solidaria con outros pobos. Xa que logo, pedimos se suspenda xa o proceso de peche de dito local, amosamos o noso rexeitamento de calquera xeito de restricción das liberdades de asociación e expresión, que no canto desto deberan ser potenciadas desde un concello progresista, e saudamos amizosa e solidariamente ás nosas compañeiras e compañeiros da Revira.