ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quarta-feira, 29 de julho de 2009

DEFENDE A SANIDADE PÚBLICA!




Feijóo recorta os fondos para Saúde pública e paraliza o plan de investimento en Sanidade para os anos 2008-2013

A Xunta , denuncia a Plataforma Galega para a Defensa da Sanidade Pública, vai reducir o número de camas dispoñibles e derivar aos pacientes a clínicas privadas

Tal feijoada copia do modelo PRIVATIZADOR doutras CCAA, como a Generalitat Valenciana e a CA de Madrid.

Así, o Goberno autonómico, é decir, NÓS, OS E AS CONTRIBUÍNTES, imos pagar CUSTOS BRUTAIS consecuencia da concesión dos centros a grandes constructoras e aseguradoras.

Feijóo prometera “espera cero” aos enfermos graves: .Agora imos ter unha proporción entre número de médicos-enfermeiros e pacientes insoportable para os e as traballadoras da sanidade, e tan insuficiente para @s usuarios que imos ter que recorrer á vía privada quen teña cartos para pagala.

A “austeridade” para salvar “a crise” (PERO HAI CARTOS PARA ARMAS E PARA OS BANCOS), inscríbese claramente na POLÍTICA PRIVATIZADORA deseñada pola UNIÓN EUROPEA DO CAPITAL, para sair da crise a costa do recorte dos nosos dereitos e servizos BASICOS.

Á luz destas cousas que nos pasan compre que vaiamos interpretando qué quere decir a Europa dos mercaderes e ambas dereitas, a dura e a blanda, cando falan de “modernización e calidade”. Dito para entendernos, eso significa someter o que é un dereito básico de cada cidadá/n aos dictados do MERCADO E A COMPETENCIA.

Quere decir, que a crise que eles xeneraron, habemos de pagala NÓS, os e as traballadoras.


ACUDE Á MANIFESTACIÓN CONVOCADA PARA O VENRES 31 DE XULLO

ÁS 21.00 NA ALAMEDA DA MARIÑA DE VILAGARCÍA


DEFENDE A SANIDADE PÚBLICA, É O TEU DEREITO

NON ÁS PRIVATIZACIÓNS DA DEREITA E DA U.E. DO CAPITAL E A GUERRA

A CRISE, QUE A PAGUEN OS RICOS


comunistasdagaliza@gmail.com http://comunistasdagzpcpe.blogspot.com/