domingo, 8 de março de 2009
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
A DOBRE LOITA
¡POR UN FEMINISMO DE CLASE!
As medidas impostas polo capitalismo para superar a súa crise estrutural á conta da clase obreira (deslocalizacións, peches de empresas, EREs, privatizacións, recortes sociais, etc) atacan con maior dureza ás traballadoras, o eslabón máis débil da cadea produtiva, que sofren sobreexplotación, discriminación salarial, acoso sexual, precariedade e traballo na economía mergullada.
O número de mulleres en paro aumenta no Estado español, a taxa de paro feminina sitúase xa no 15,14%, sometidas a unha cada vez maior discriminación salarial con soldos un 32 por cento aproximadamente máis baixos que os homes polo mesmo traballo.
As mulleres soportan o traballo doméstico, as tarefas reprodutivas e as de coidados nunha medida moito maior que os homes, como manda o patriarcado. E esa dobre xornada repercute negativamente na capacidade de intervención das mulleres na loita obreira e popular, participación que resulta imprescindible na batalla contra o capitalismo e contra o patriarcado.
A construción cultural e social de dous xéneros que deben desenvolver roles diferentes e cumprir obrigas e tarefas impostas de forma artificial e xerárquica, potencian unha desigualdade baseada en relacións de forza e poder entre homes e mulleres, sendo considerado o xénero feminino de inferior categoría humana e laboral que o masculino.
A situación deteriórase na familia patriarcal como consecuencia do impacto da crise capitalista, porque as mulleres son dependentes economicamente dos homes, sendo as últimas en acceder ao mercado laboral e as primeira en ser excluídas por necesidades do capitalismo, en harmonía co patriarcado, o cal baséase na división sexual do traballo, na familia e no mercado, división que non é natural, senón social.
A exclusión social no capitalismo é un proceso imparable agravado no caso das mulleres pola crise capitalista, a cal provoca situacións de extrema necesidade que propicia solucións extremas como a prostitución, actividade na que a taxa de explotación, mercantilización e perda absoluta de todo tipo de dereitos da muller alcanza cotas realmente insoportables
As traballadoras inmigrantes soportan unha carga especial de sobreexplotación, sendo ademais vítimas do racismo tanto pola vía legal e institucional como pola social. A feminización da pobreza é un dato cada vez máis alarmante: as mulleres representan o 60% da poboación traballadora mundial máis pobre.
As mulleres máis novas. O patriarcado tamén condiciona á mocidade en multitude de ámbitos da súa vida: a familia, os estudos, o mercado de traballo. No ámbito familiar as mozas deben cargar cun maior número de tarefas domésticas, asumindo o coidado de irmáns e irmás menores, ou persoas dependentes. E ven limitada a súa liberdade de movementos polo feito de seren mulleres. Cando, por razóns económicas teñen que compaxinar estudos e traballo atópanse co Plan Bolonia, que mercantiliza e privatiza a educación, limitando aínda máis o que a mocidade das clases traballadoras poidan realizar estudos superiores. Existe ademais unha feminización de certas carreiras como poden ser educación, enfeirmería, etc. o que logo repercute na feminización de certos postos de traballo no mercado, coidados, ensinos, .etc. No ámbito laboral as mozas teñen que enfrontarse a esixencias alleas á súa formación e capacidade, como o cumprimento de certos canons de beleza. Á situación de acoso no posto de traballo, que é especialmente sanguento no caso das mozas, súmase a discriminación por posibles embarazos. A violencia de xénero non exclúe á mocidade, sendo a primeira causa de morte para as mulleres de entre 16 e 45 anos.
O proxecto socialista é antipatriarcal. As traballadoras soportan as consecuencias máis duras que a crise capitalista impón ao conxunto da clase obreira, e a única vía para enfrontala é loitar por un proxecto revolucionario comprometido coa emancipación das mulleres, capaz de integrar na loita xeral da clase obreira polo socialismo, a loita específica pola fin do patriarcado. Este é o proxecto revolucionario do PCPE e os CJC.
Partido Comunista dos Pobos de España
Colectivos de Xóvenes Comunistas
www.pcpe.es www.cjc.es