Enchendo a saliña de Sargadelos celebramos o acto que levaba por título "A crise capitalista, que a paguen os ricos".
Coa presencia de traballadores e veteranos sindicalistas, así como de militantes de outras organizacións comunistas que nos honraron coa sua presencia e participación, o camarada David dos CMC-CJC fixo unha exposición dos principais aspectos en que a crise capitalista castiga e golpea salvaxemente á mocidade traballadora e aos estudantes.
Alejandro Fernández situóu a nosa análise e propostas diante da actual situación, colocando con claridade a alternativa socialista como saída a actual crise estructural do capitalismo, que ten a súa expresión máis brutal para o pobo de Vigo nos regulamentos de emprego, supresión de turnos e despedimento en masa de gran cantidade de traballadores da automoción e doutros sectores da producción.