ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 1 de março de 2009

LUGO. MANIFESTACIÓN DE APOIO AO POBO SAHARAUÍ


MANIFESTACIÓN DE APOIO AO POBO SAHARAUÍ

SÁBADO, DÍA 7 DE MARZO, ÁS 19:30 HORAS, NA PRAZA ARMAÑÁ (DIANTE DA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO) EN LUGO.

Diversas organizacións da sociedade civil lucense, fan un chamamento, en réxime de autoconvocatoria, á cidadanía para que participe nun acto de solidariedade e apoio ao pobo saharauí, de indignación e protesta pola ocupación marroquí dende hai 33 anos, de reclamación de medidas por parte da comunidade internacional e en especial ao goberno do estado español, esixindo que asuma as súas responsabilidades por ser forza ocupante do territorio saharauí nese intre.



O Acto será o sábado, día 7 de marzo, ás 19:30 horas, na Praza Armañá (diante da Subdelegación do Goberno en Lugo).


“Fai 33 anos que os españois abandonamos aos saharauís permitindo a ocupación ilegal do seu territorio por parte de Marrocos. Durante este tempo, Marrocos cometeu todo tipo de abusos contra o pobo saharauí, incumpriu tódalas resolucións de Nacións Unidas, que instan á celebración dun referendo de autodeterminación, torturou e marxinou aos saharauís, expulsounos da súa terra, espoliou os seus recursos naturais, levantou un muro de 2.500 Km. sementado de minas, que divide o territorio e os seus habitantes separando a milleiros de familias, e blindouse para que nin observadores de dereitos humanos, nin medios de comunicación, nin outros colectivos, poidan ser testemuñas das barbaridades que diariamente alí son cometidas pola maquinaria de represión marroquí.

Entrementres os refuxiados saharauís intentan vivir no deserto da hamada alxerina, un dos territorios mas inhóspitos do mundo”


AGRADECEMOS A TÚA PRESENZA E A DIFUSIÓN DESTA CONVOCATORIA