Coa valiosa presencia e aportación de destacados cadros do Sindicalismo de clase, activistas da solidariedade con Cuba, da solidariedade con Palestina e con América latina, do Movemento pola Memoria Histórica antifascista, transcurriu o acto celebrado en Compostela onte sábado 7 de Marzo.
O camarada David dos Colectivos da Mocidade Comunista-C.J.C. explicóu o carácter claramente clasista e privatizador do chamado Proceso de Bolonia, que reservará o acceso á Universidade aos fillos dos ricos e dos burgueses , e a dirección e planificación dos programas de estudios ás grandes corporacións e fundacións capitalistas; reservando aos mozos e mozas filll@s da clase obreira o papel de forza de traballo altamente explotada e precarizada ao servizo do capital. O camarada Iago dos C.M.C.-C.J.C. referíuse a algúns dos aspectos máis sangrantes das consecuencias da crise capitalista sobre a mocidade traballadora e desempregada, escravizada a mans das usureiras Empresas de Traballo Temporal e condenada a non acceder a unha vivenda propia nen labrarse un futuro de seu .
O camarada Alejandro do CC do PCPE referíuse a diversos aspectos da crise capitalista que a patronal aproveita para enriquecerse e rarear plantillas coa connivencia do goberno da socialdemocracia liberal, a administración laboral e as cúpulas sindicais colaboracionistas.
Mencionóu a Lei de Memoria Histórica como insuficiente e inaceptable, e a necesidade de erguer a loita pola República enchendo de contido revolucionario e de futuro á loita memorialista.
Referíuse ao importante éxito acadado na Homenaxe a Antonio Gades do derradeiro 28 de febreiro, e ao seu importante contido antiimperialista e internacionalista.
Fixo un chamamento a organizarse e loitar nas filas dos comunistas, pois só agrupados e organizadas seremos quen de erguer o programa e as propostas que poñan fin á impotencia e a indefensión da nosa clase traballadora frente a agresión das políticas capitalistas e imperialistas.