O desaloxo dos estudantes pechados na Universidade de Barcelona, na mañá de hoxe, por parte dos Mossos d´Escuadra, representa non só unha brutal agresión ao movemento estudantil, senón a demostración palpable do grao de histeria colectiva que azouta aos dirixentes políticos deste país, preocupados de que nada se mova na rúa, nestes momentos en que a crise económica fai tambalearse o seu mísero sistema capitalista.
Unha década despois do pistoletazo do plan Boloña os políticos deste país séguennos a ocultar os intereses reais do cambio de modelo educativo, baixo os eufemismos de modernizar a universidade, de aumentar a calidade do ensino; o que verdadeiramente se persegue é converter o ensino universitario nunha mercadoría capaz de xerar beneficios ao decrépito sistema capitalista. Intereses variados, desde patróns aos que lles sairá máis barata a man de obra cualificada, profesionais de prestixio como algún xornalista de renome que tamén espera cobrar, algunha empresa que aspira a titorizar algunha carreira, etc., en definitiva americanizar a universidade.
Pero independentemente dos intereses que están detrás do Plan Boloña, o inconcibible é que a cidadanía vexa por televisión imaxes propias da ditadura fascista; non en branco e negro coma se fose un documental de televisión, senón en cor; a cargas policiais e o trato dispensado aos estudantes está máis próximo a unha ditadura que a unha democracia, a actitude de saña e violencia que algúns policías empregaron demostra ao servizo que quen están.
Se este país tivese os mínimos democráticos que esixen a outros países, mañá debería de facerse efectiva unha serie de dimisións:
En primeiro lugar, o reitor da Universidade de Barcelona, Dídac Ramírez, pois ten o triste record de levar só catro meses no cargo e actuar como os reitores da ditadura.
En segundo lugar, o Conseller d'Innovació, Universitats i Empresa, Josep Huguet, a súa prepotencia e a súa falta de vontade política para negociar cos estudantes, convérteo en principal responsable político da situación.
Para rematar, o Conseller d'Interior, Relacions Institucionals i Participació, Joan Saura, posto que os seus raparigos volveron a demostrar o que son, unha colla de energúmenos ao servizo do capital, en ningún caso unha policía dun país democrático, ao servizo dos cidadáns.
Desde o PCPC e os CJC-JCPC, esiximos a inmediata liberación dos estudantes detidos, e a nosa solidariedade coas mobilizacións que promove o movemento estudantil.
30 anys després, aquí non ha canviat res!
Fora mossos da Universitat!
Partit Comunista do Poble de Catalunya
CJC- Joves Comunistes do Poble Català
--
www.comunistes.org
http://www.pcpcat.org
www.cjc.es
--
A mocidade á ofensiva
Construíndo revolución
www.cjc.es