ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 19 de março de 2009

ELECCIÓNS EN EUSKADI E GALIZA

UNHA INTERPRETACIÓN E UNHA RESPOSTA Á MARXE DAS INSTITUCIÓNS.

Os resultados das eleccións aos parlamentos da Comunidade Autónoma Basca e Galiza amosan, alén das mediocres e interesadas interpretacións realizadas polos partidos e mais os medios de comunicación do sistema, que non é posible facer avanzar unha alternativa popular, sen cuestionar as dinámicas e os límites impostos pola institucionalidade burguesa. É verdade que son dous casos distintos, máis en ambos se impoñen e/ou avanzan as dúas mesmas realidades:
1- Por unha banda, dase un avance sostido dos dous principais partidos que respaldan a lexitimidade burguesa no estado español. A suma de votos e escanos do PSOE e PP, elección tras elección, é cada vez máis grande e apunta cara unha desaparición paulatina do resto de expresións políticas que de seu non sexan representativas dunha clase social determinada. Só o PNV como partido da burguesía basca, segue a manter o seu nicho de electores. O resto de partidos políticos que non representan con claridade unha clase social, están condenados a desaparecer ou ver cada vez máis reducida a súa representación institucional. Son agora, os casos da debacle de EA e EB, ou o paulatino descenso do BNG, mais hai algúns anos fora a desaparición de EE, UA , EU-EG...
A doble lección que podemos tirar desta realidade é que o interclasismo, como estratexia de engano social e electoral dos partidos políticos representantes dos intereses da clase social hexemónica, funciona sin problemas se a batalla política se da exclusivamente no campo das institucións e, como estratexia de penetración social das organizacións que din representar os intereses da clase obreira e dos sectores populares, é un verdadeiro fracaso.
2- Só cunha estratexia institucional non é posible construir ningunha alternativa de poder popular. As institucións burguesas asimilan e normalizan calquera proxecto que non estea respaldado por unha experiencia de organización popular e contrapoder das masas populares. É mentira a afirmación de que só desde as institucións se poden construir alternativas que creben a hexemonía económica, social e ideolóxica das clases dominantes.
O exemplo do BNG e Esker Batua (aplicable ao Tripartit catalán) son claros exemplos do
fracaso absoluto das políticas reformistas. Ao cabo, as reformas chocan coas súas propias limitacións, e acaban pechando o camiño a posibles proxectos emancipatorios de base, e dando cobertura á institucionalidade dominante.

Dous detalles máis:

Euskadi: O feito de que o voto dun alavés valla o triple do que o dun bizcaíno, e negarlle a representación política institucional á esquerda abertzale, son dous elementos que pervirten radicalmente a representatividade institucional na CAB. Faise moi difícil falar de lexitimación democrática con estas dúas realidades tan antidemocráticas.

Galiza; A secular estructura caciquil hexemonizada polo PP non se ten resentido nestes catro anos de goberno de "progreso", e permitiulle volver a gañar as eleccións. A lectura errónea para interpretar este feito é pensar que se mantivo pola súa fortaleza e capacidade de penetración social, a correcta é decir que -xa que PSOE e BNG desenvolveron a mesma política que os caciques-, a xente decidiu votar aos caciques de sempre. Durante a II República, e especialmente durante os cinco meses de victoria da Frente Popular, as estructuras caciquís derrubáronse na Galiza como un castelo de naipes; a diferencia está en que, daquela, procurouse crebar as estructuras que sustentaban a dominación, e agora non.

Construir a alternativa.

Coa excepción da esquerda abertzale, que malia o seu claro desgaste político e social, é aínda capaz de mobilizar amplos sectores populares, é evidente que non hai capacidade de resposta popular ás políticas burguesas. É inaceptable que no medio da crise que padecemos a clase obreira, os sectores populares e a mocidade, ainda
siga a ser o seu discurso o hexemónico, e o que consegue (enganando) imporse nos debates políticos. En Euskadi, na Galiza, e no conxunto do estado español, é preciso construir alternativas populares desde a base, que cuestionen a lóxica ideolóxica capitalista. No desenvolvimento desta tarefa, na que habemos estar amplamente implicados os e as comunistas, atoparase sen dubidas, a base política e social que -por qué non-, tamén coa súa participación institucional, poderá rachar as bases do sistema de dominación e abrir o horizonte dunha sociedade socialista na que, por fin, a liberación social e nacional sexa unha realidade.

Julio Díaz.
Membro do Comité Central do PCPE