TODOS CONTRA O MURO EN PALESTINA!!!
O Estado de Israel, amosando novamente o seu carácter totalitario e xenocida que o leva a violar sistemáticamente o Dereito Internacional e as resolucións da O.N.U., e coa complicidade e subvencións dos EE.UU., o Fondo Monetario Internacional e a U.E., iniciou en 2002 a construcción dun muro en Cisxordania de máis de 700 kms.
O pretexto foi o da “seguridade”, coma se o Estado de Israel, que posúe un dos mellores exércitos do mundo e mesmo armas nucleares, non tivera xa abondos medios para ameazar tal “seguridade”. Pero o certo é que o muro non é só un medio de discriminación étnica, senón un arma de ocupación máis, co obxectivo último de anexarse os territorios palestinos. Porque mediante a segregación da poboación, o que en realidade se busca é forzar a expulsión da súa propia terra (moitas veces de alto valor pola existencia de acuíferos). Ademáis, o muro divide e fractura os territorios palestinos, dificultando a mobilidade da poboación e a constitución dun Estado Palestino, proceso que goza da aprobación da O.N.U.
Boa proba de todo isto é o feito de que o trazado elixido non siga a “liña verde” (fronteira establecida tras o armisticio de 1949), senón que invade o propio territorio palestino (estímase nun 10 % o territorio palestino anexado directamente polo muro). Ademáis, esta invasión refórzase mediante a construción ilegal en territorio palestino de numerosas colonias de xudeus que conforman unha verdadeira forza de ocupación.
Ante a indiferenza dos gobernos occidentais, as consecuencias deste muro para a poboación palestina son nefastas: moitos cidadáns fican recluidos en ghettos, decote despoxados dos seus campos de cultivo, ou afastados deles (pois os puntos de entrada moitas veces están a kms.), e sen posibilidade de chegar a hospitais, escolas, universidade etc. En Qalquilya, case o 20% dos seus habitantes decidiron marchar incapaces de sobrevivir no que xa chaman “a gaiola do apartheid”.
O muro foi declarado ilegal pola Corte Penal Internacional de A Haia en xuño de 2004. A sentencia obrigaba a Israel a derrubalo, voltar a terra aos seus propietarios e indemnizalos. Pero a resposta das autoridades israelitas é boa mostra da catadura moral dos sionistas e dos seus cómplices, os EE.UU. e a U.E., así como do seu desprezo pola legalidade internacional: o Ministro de Asuntos Exteriores declarou: “esta sentencia irá ao basureiro da historia”.
No mesmo senso, a Asemblea Xeral da O.N.U. condenou a construción do muro e creou unha Oficina de Rexistro de Danos con sé en Viena. A resolución foi aprobada por 162 votos a favor, 7 abstencións e 7 votos en contra: os de EE.UU., Israel, Australia, Illas Marshall, Micronesia, Nauru e Palau).
Nalgúns destes territorios ocupados constrúense novos asentamentos xudeus por parte da empresa Leader, propiedade de Lev Leviev (un dos magnates máis ricos do mundo, propietario tamén da marca de bañadores Gottex, con licencia para a venta da roupa de Inditex das marcas Zara, Pull and Bear e Massimo Dutti).
Diante desta ilegal ocupación, desta política de apartheid e Terrorismo de Estado, e coincidindo co DÍA DE ACCIÓN GLOBAL DE BOICOTE, DESINVESTIMENTOS E SANCIÓNS CONTRA ISRAEL, chamamos a todos os lucenses a solidarizarse co pobo palestino apoiando o boicote contra os produtos fabricados en Israel e as empresas israelitas.
Lugo, 30 de marzo de 2009