ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 22 de março de 2009

da OLIVEIRA DE TEO



As Xornadas da Oliveira




Venres, 27 de marzo, ás 20,30:

Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco, por Carlos Parrado.

Local Social da Oliveira, Escola de Ameneiro, Calo.




Nas terras de Toques, de Melide e da Ulloa, Ramón Rodríguez Varela, máis coñecido como Curuxás, foi o guerrilleiro que se converteu naquela zona en lenda e símbolo da resistencia contra o franquismo.


Desde os anos 70, o investigador de Melide Carlos Parrado seguiulle as pegadas a este loitador contra o franquismo, caseiro na súa aldea, despois obreiro en Asturias, na Sionlla e nas minas de Lousame, militante da CNT que viviu na súa terra ata o día da súa morte, por enfermidade, no ano 1967, despois de pasar 31 anos como fuxido, como militante do Exército Guerrilleiro de Galicia, e amparado logo polos seus veciños e veciñas, que o protexeron da persecución das autoridades da dictadura.


Carlos Parrado compartiu estas súas pescudas en actos diversos de divulgación ao longo do país, e recentemente recolleunas nun libro, editado por A Nosa Terra, titulado Curuxás: o guerrilleiro que non cazou Franco.


Na Oliveira de Teo temos nesta ocasión a sorte de contar con este investigador, que nos falará do guerrilleiro e presentará o seu libro sobre o mesmo. Continuamos así coas nosas xornadas de recuperación de memoria, de feitos históricos que temos a obriga de lembrar, porque, segundo conta o noso conferenciante deste próximo venres 27 de marzo, “os guerrilleiros, aínda hoxe que se está iniciando a recuperación da historia do movemento guerrilleiro, están moi pouco considerados, malia que foron moito tempo o único facho de liberdade fronte ao fascismo do réxime de Franco".


Teo, 21 de marzo de 2009.