O Grupo de Estudos Etnográficos "Serpe Bichoca" ten o pracer de convidarvos á presentación en Pontevedra do libro "Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas" de Calros Solla.
O acto terá lugar na galería Sargadelos o vindeiro venres, día 13, ás 20'30 h.
Amais da presentación do libro de Solla, proxectarase un adianto do documental "Monte do Seixo. A Montaña Máxica" que o Grupo Serpe Bichoca prevé estrear cara ao verán do presente ano.
Agardamos a vosa sempre entusiasta e agarimosa presenza. Moitas grazas..