ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

domingo, 29 de março de 2009

NON MÁIS REPRESIÓN CONTRA A MOCIDADE NON MÁIS REPRESIÓN CONTRA OS MOVEMENTOS POPULARES


A democracia burguesa declara cínicamente, a través das súas institucións, voceiros e ideólogos, unha serie de liberdades e dereitos formais que pretenden ser universais, e que en realidade parapetan o verdadeiro carácter ditatorial e autoritario do estado como instrumento de clase. Este feito, que se evidencia constantemente, adquire unha das súas mais infames expresións na cada vez mais común "dialéctica das porras", a represión e a fustrigación xudicial dirixida polo estado e polas súas distintas Forzas e Corpos de Seguridade contra a clase traballadora, a mocidade combativa e as loitas populares. Lonxe de ser simple retórica apartada da realidade que nos rodea, esta afirmación fai referencia a unha serie de feitos enmarcados na actual tendencia de intensificación da tónica xeral de represión, así como á vulneración das liberdades e dereitos mais elementais como a liberdade de expresión, de circulación ou de pensamento, negados de xeito recorrente por un réxime que de xeito hipócrita trata de erixirse como o seu maior garante.

Os medios de comunicación de masas adoptan a este respecto un papel fundamental. As agresións represivas son sempre acompañadas dunha serie de ataques mediáticos que teñen o fin último da criminalización e marxinación dos movementos populares, difamando e sementando a confusión entre a poboación mediante montaxes mediatico-policiais. A instrumentalización política destes medios de comunicación por parte do estado evidencia, de novo, a nula democracia existente no actual réxime.

O movemento antifascista, como unha das expresións políticas máis boiantes entre a mocidade, estivo durante os últimos tempos duramente exposto ás arremetidas represivas. O proceso xudicial contra os 14 compañeiros antifascistas asturianos que trataron de manifestarse pacíficamente en protesta ante unha convocatoria de corte racista, mais coñecidos como os "14 de Cangues", culminará no mes de abril enfrontándoos a unha pena total que suma 35 anos de cárcere entre todos os imputados. De xeito similar desenvólvese o caso dos antifascistas madrileños detidos o primeiro de xuño tras as brutais cargas da Unidade de Intervención Policial. En ambos os casos, as respectivas delegacións de goberno, Antonio Trevín (Delegado do goberno en Asturias) e Soledad Maestre (Delegada do goberno en Madrid) e os distintos órganos xudiciais actuaron de forma semellante: permitindo sendas manifestacións fascistas, criminalizando as mobilizacións de protesta e reprimindo salvaxemente ao movemento antifascista, evidenciando a conivencia de elementos da xudicatura con estas organizacións. Outro dos exemplos mais recentes do xa constante uso da "presunción de culpabilidade", que trata de servir de fundamento lexitimador das detencións selectivas, é a persecución sufrida polo movemento antifascista malagueño no pasado mes de febreiro, saldándose con mais dunha ducia de arrestos sen contarse sen ningún cargo ou acusación clara contra os compañeiros detidos.

Pero non só o movemento antifascista é vítima da fustrigación policial, tamén o é e o será cada vez en maior medida, toda a mocidade estudante e traballadora no seu conxunto. Os feitos acaecidos na noite do 20 de febreiro no Barrio Húmido da cidade de León, onde un dispositivo da Unidade de Intervención Policial detivo de xeito agresivo e desproporcionado a sete mozos que alí se atopaban gozando do lecer nocturno é unha proba evidente diso; así como a represión exercida polos Mossos d´Esquadra de Joan Saura contra o movemento estudantil durante as últimas mobilizacións en Barcelona. Por outra banda, a ilegalización de ideas en Euskal Herria segue sendo recorrente, a través de todo un aparello xudicial e lexislativo de carácter totalmente antidemocrático destinado para iso, tratando de impedir a expresión política de moitos vascos.

Desde os Colectivos da Mocidade Comunista queremos mostrar a nosa total solidariedade con aqueles que sofren dun ou outro xeito o carácter mais brutal do réxime democrático-burgués, así como pedir a absolución de todos os imputados nos procesos xudiciais apontoados mediante montaxes mediático-policiais que teñen como fin último crear un estado de "alarma permanente" mediante o cal minguar e destruír os movementos populares e as estruturas organizativas da mocidade estudante e traballadora. A solidariedade, como vinculo inquebrantable entre os loitadores, é a nosa principal arma contra os embistes represivos do estado.

Comité Central dos CJC

Marzo 2009


--
A mocidade á ofensiva
Construíndo revolución
www.cjc.es