ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

sexta-feira, 1 de maio de 2009

1º de MAIO


www.kaosenlared.net/noticia/1-de-maio
Milleiros de traballadoras e traballadores percorreron as rúas de Vigo denunciando o paro galopante, a precariedade e a destrución de dereitos laborais e de prestacións sociais, expresións tráxicas desta crise estructural do modelo capitalista e da feroz ofensiva do capital e os seus axentes, que desgrazadamente nos colle con moi pouco avanzado na unidade sindical e un sindicalismo hexemonizado maioritariamente por unhas estruturas entregadas
hai tempo á clase dirixente.
A nosa tarefa máis urxente : dotarnos das ferramentas necesarias para procurar
unha saída á crise favorable aos intereses do pobo traballador.
NON ás medidas de conxelación salarial,
NON aos EREs en empresas con beneficios,
NON aos despedimentos
Esto debe esixir con claridade un sindicalismo de clase onde quen tirará para
diante non van ser os dirixentes sindicais senón os propios traballadores e
traballadoras conscientes da necesidade de loitar para non ser esmagados pola
maquinaria capitalista.
Os comunistas, o PCPE, chamamos aos sectores máis conscientes e combativos da
clase obreira a fortalecer o noso proxecto político.
Só un Partido Comunista forte e cun programa político claro e transformador,
poderá garantir unha saída á crise que beneficie ao pobo traballador, e un
futuro socialista. A “refundación” do capitalismo só vai traer máis explotación
e miseria para a inmensa maioría da humanidade.


NON Á UE DAS 65 HORAS, A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE E DE BOLONIA


NON AO MONÓLOGO SOCIAL


AVANZANDO CARA Á FOLGA XERAL

¡A CRISE CAPITALISTA QUE A PAGUEN OS RICOS!