ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 14 de maio de 2009

As vítimas dos ERE multiplícanse por dezaseis en 200


(de Rebelión)
Máis de 180 mil traballadores afectados por regulacións de emprego no primeiro trimestre do ano


O número de traballadores afectados por expedientes de regulación de emprego (ERE) multiplicouse case por 16 ata marzo, mentres que os expedientes autorizados polas autoridades laborais foron case seis veces máis que os do primeiro trimestre de 2008, segundo os últimos datos do Ministerio de Traballo e Inmigración, que mostran unha aceleración do recurso ás regulacións de emprego, na actual atmosfera de recesión económica e desemprego.

En concreto, 180.579 traballadores víronse afectados por un ERE no primeiro trimestre de 2009, fronte aos 11.375 no mesmo período de 2008, o que, en termos relativos, implica unha subida do 1.487,5%. Pola súa banda, o número de ERE autorizados incrementouse un 466%, ata sumar 4.660 expedientes, fronte aos 823 dun ano antes.