coa intervención de Aleka Papariga, do KKE, Carmelo Suárez, do PCPE, e Gyula Thurmer, do Partido Comunista Obreiro Húngaro.
Os tres dirixentes comunistas coincidiron en que o obxectivo principal destas eleccións é "facer avanzar as nosas posicións, ao que contribúe este documento unitario".
Carmelo Suárez: "rachar as cadeas do capitalismo significa tamén rachar as cadeas ideolóxicas, politicas e económicas que esclavizan á clase"
A rolda de prensa foi presentada pola camarada Aleka Papariga. A Secretaria Xeral do KKE presentou o documento asinado por 21 partidos comunistas europeos, difundido publicamente o pasado fin de semana, sinalando que tras este texto hai un importante traballo de anos de intercambio de opinións e colaboración en diversos ámbitos, que desembocou nunha análise compartida sobre o que é a Unión Europea, o que expresa unha tendencia unitaria baseada nuns principios políticos firmes.
Aleka Papariga afirmou que hoxe a clase obreira necesita dun proxecto que confronte coa UE, e que tal proxecto está reflectido no documento presentado. Sinalou que é posición común dos 21 partidos asinantes que a Unión Europea non é reformable e que, na medida que esta unidade comunista avance, fortalecerase a posición dos traballadores e dos pobos en Europa.
A Secretaria Xeral do KKE expresou sen dúbida que "as posicións que pretenden reformar a UE colócanse ao lado das posicións do capitalismo e non ofrecen nada distinto do que hoxe existe", facendo especificamente referencia ao Partido da Esquerda Europea (PEE), cuxas organizacións integrantes "non representan ningún cambio no desenvolvemento da política da UE e comparte dun xeito ou outra este proxecto do capitalismo". A dirixente grega finalizou a súa intervención afirmando que "é necesario combater estas posicións como loita política e ideolóxica para evitar enganos á clase obreira", e recordando que "é necesario seguir traballando para ampliar a unidade das forzas revolucionarias e facer mais forte o seu proxecto político, pois iso beneficiará á clase obreira en toda Europa".
A continuación interveu o camarada Gyula Thurmer, presidente do Partido Comunista Obreiro Húngaro, quen explicou a experiencia concreta do seu partido, que o pasado 1º de Maio abandonaba o PEE, do que foran fundadores, ao entender que "a práctica demostrou que o PEE só busca un capitalismo de rostro humano e non confronta co proxecto imperialista". Thurmer explicou que en Hungría, a perda do proxecto socialista desembocou nun retroceso xeneralizado das condicións de vida da gran maioría da poboación, - "extremadamente duras para o 90% da poboación" - , subliñou, e na penetración xeneralizada do capital exterior. Para os comunistas húngaros, finalizou, "o texto dos 21 partidos é dunha gran importancia para a loita dos traballadores e o noso partido continuará no futuro traballando por este camiño".
Carmelo Suárez, Secretario Xeral do PCPE, interveu en último lugar. Agradeceu ao KKE o esforzo realizado para lograr a sinatura dun documento que cualificou de "histórico" e expresou que "os principais beneficiarios do mesmo son os catro millóns de traballadores en paro que existen en España, que necesitan do avance da coordinación internacional dos comunistas para ter un instrumento de defensa dos seus intereses de clase".
Na súa intervención, Carmelo Suárez denunciou a situación da clase obreira en España, produto do desenvolvemento, entre outros elementos, do proxecto do imperialismo europeo e que "no futuro próximo, se non se levanta unha forte loita da clase obreira, as condicións serán peores para ela". Así mesmo, fixo un chamamento a que se aproveiten as eleccións europeas para que o conxunto da clase obreira "entenda o carácter clasista da UE e a necesidade de confrontar radicalmente con ela para construír unha sociedade alternativa de pobos libres e soberanos en loita pola construción do socialismo en Europa", estratexia que, recalcou "será necesaria para que a crise capitalista teña unha solucion diferente á que queren os capitalistas". Por todo iso, finalizou, o lema electoral do PCPE, Racha as cadeas, expresa a necesidade de romper con todo o que ata e oprime á clase obreira, "rachar as cadeas do capitalismo pero tamen rachar as cadeas ideolóxicas, politicas e económicas que escravizan á clase".
Os diversos medios de comunicacion presentes (radio, prensa e tv) realizaron varias preguntas aos intervintes, destacando a resposta de Aleka Papariga á pregunta de cantos votos e deputados esperaban obter os 21 partidos asinantes do documento: "todo o que somen as candidaturas destes partidos serán votos para a construccion da sociedade socialista".
Información do CC do PCPE