ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 14 de maio de 2009

RESOLUCIÓN DE URXENCIA DO PCPE-Asturies





Á situación de desmantelamento industrial e produtivo que vén
sufrindo Asturies desde hai décadas, súmaselle agora a agudización
da crise capitalista, provocando inumerables peches e Expedientes
de Regulación de Emprego que supón a expulsión dos seus postos de traballo
de centos e centos de traballadores e traballadoras, e situando
as cifras de paro e precariedade laboral en termos nunca vistos ata
agora.


É nesta situación que se produce o peche dos traballadores de Naval
Xixón para esixir as súas xustas reivindicacións, á vez que un
futuro de traballo para Asturies.


Pero como sucede sempre que a clase traballadora e os sectores
populares nos mobilizamos polos nosos dereitos, o Goberno da
burguesía envía ás súas forzas policiais a actuar como auténticos
esbirros de forma brutal e totalmente desproporcionada.


No día de hoxe, por orde do Sr. Trevin (Delegado de Goberno) as
forzas policiais están sometendo aos traballadores encerrados nos
estaleiros de Naval Xixón a un acoso permamente tendo tentado
entrar e disolver o peche sen conseguilo ata o momento, e
disolvendo violentamente unha concentración cidadá de apoio co
resultado de polo menos dous detidos.


Por iso, desde o PCPE denunciamos unha vez máis os métodos de terror
do sistema capitalista contra a clase obreira, e esiximos de forma
inmediata a total retirada das forzas policiais da contorna do
estaleiro, a inmediata posta en liberdade sen cargos de todos os
detidos, así como a destitución do delegado de goberno en Asturies.


Para rematar desde o PCPE declaramos que nos manteremos firmes no
noso compromiso de seguir achegando os nosos mellores esforzos para
reforzar as xustas loitas dos traballadores e traballadoras, e facemos
un chamamento ao conxunto do pobo a incorporarse á loita.


¡VIVA A LOITA DA CLASE OBREIRA!


En Xixón, ás 20:32 horas do 14 de maio de 2009