ASINA E DIFUNDE: NON AO XUIZO CONTRA TRES MILITANTES COMUNISTAS

http://www.pcpe.es/formulario2010/index.php ------------------------------------------------------- detailpage

quinta-feira, 28 de maio de 2009

O PCPE plantexa a defensa da democracia fronte á ditadura do capital.


O Partido Comunista dos Pobos de España denuncia o carácter antidemocrático da UE e as súas institucións.

O Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE) expón como eixo básico da súa proposta para as eleccións europeas do 7 de xuño a denuncia da natureza antidemocrática da Unión Europea.

A Unión Europea é un instrumento intrinsecamente capitalista creado para favorecer ao gran capital e á oligarquía. Para os e as comunistas do PCPE non pode haber verdadeira democracia baixo o capitalismo, pois os intereses dos traballadores e os pobos non coinciden cos intereses do capital e as grandes empresas.

O carácter consultivo do Parlamento Europeo, os pactos entre as grandes potencias económicas europeas (acordos entre Alemaña e Francia), o papel dos "lobbies" que tomaron Bruxelas e presionan ás institucións para adoptar medidas en beneficio das grandes empresas, a existencia de listas negras de organizacións consideradas terroristas, a repetición de referendos que non dan o resultado que espera a UE (caso de Irlanda), a supresión dos dereitos individuais en aras da seguridade, etc., demostran que na Unión Europea xa non fai falta manter a formalidade democrática.

O PCPE denuncia así mesmo a furibunda campaña anticomunista que se está a producir a nivel europeo, coa ilegalización de organizacións comunistas en países como a República Checa ou os países bálticos, así como a equiparación do comunismo co nazismo. Igualmente, denunciamos a ilegalización de organizacións políticas no Estado Español, a criminalización de movementos populares e a continua perda de dereitos políticos por parte da cidadanía.

A proposta do PCPE pasa pola necesaria desobediencia a este tipo de medidas, criminalizacións e ilegalizacións, a contundente resposta e a negativa a aplicar as medidas antidemocráticas que proceden da UE, así como o enfeblecimento de todos aqueles partidos que, desde o goberno estatal ou autonómico, ou desde a morneza na confrontación coas políticas europeas, permiten que os dereitos cidadáns no Estado español, desde a entrada na UE, se teñan visto reducidos.

Existe unha alternativa para os pobos. A través das loitas dos pobos promóvese a posibilidade doutra Europa, dunha Europa de prosperidade para o pobo, de progreso social, de dereitos democráticos, de paz e socialismo. As ruelas sen saída, as contradicións, que no contexto da crise se agudizan, as dificultades ás que se enfronta a UE, son elementos que os pobos deben aproveitar

Non hai posibilidade de construír unha sociedade plenamente democrática se estamos sometidos ás cadeas capitalistas que impón a Unión Europea.


Racha as cadeas
Fronte á Europa do Capital e a Guerra
Vota PCPE